Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no tradicional desfile de comparsas de Entroido de Tomiño. Dende este luns 22 ata o vindeiro venres, 26 de xaneiro, ambos inclusive, todas e todos os interesados deberán entregar no Rexisto Municipal o impreso de solicitude xunto cun certificado de titularidade de conta do representante ou da comparsa e co seguro de responsabilidade civil.
Pode interesarche: Por que é especial o Entroido de Goián?
Trátase dun evento que conta “cada vez con máis xente” e que “serve tamén para dinamizar a economía e a hostalaría local, con máis dun millar de persoas que veñen dende moitos puntos da provincia”, asegura a concelleira de Cultura, Ana Cristina Martínez.
Co tradicional ‘Venres de foliada’, que se celebrará o 9 de febreiro ás 21.30 horas, Tomiño arranca o entroido na comarca, xa que é o primeiro dos desfiles de comparsas que se celebran nestas datas no Baixo Miño. En caso de choiva o desfile trasladarase ao venres 16 de xaneiro á mesma hora e, no caso de que ese día persistan as dificultades meteorolóxicas, a Concellería de Cultura determinará se o desfile se apraza ou se cancela.
O ano pasado participaron 20 comparsas, a metade delas con máis de 80 integrantes, e dúas treboadas que ían abrindo o desfile. En total, máis de 1.300 persoas percorreron as rúas do casco urbano, tinguindo de luz e cor a localidade. Na última edición do ‘Venres de foliada’ participaron comparsas de Vigo, Vincios, Mos, Salceda de Caselas, Nigrán e Marín, ademais das máis importantes de Tomiño, como Ciclón, Luces de Bohemia, Estrelas da Noite, Revolucion Show e Alecrín, comparsas cada ano gañan concursos por toda a provincia coas súas carrozas e espectáculos.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL