O Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) do Concello de Ponteareas, que depende da concellería de Novas Tecnoloxías dirixida por Benito Márquez, retomou a súa actividade o xoves pasado con novos cursos. A aula, situada no segundo andar do Centro Social da rúa Oriente, seguirá ofrecendo os seus servizos ata decembro deste ano 2018 gracias ao convenio de colaboración entre o Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Estes cursos están dirixidos a tódolos tramos de idade co obxectivo de formar, actualizar os currículums do alumnado e, sobre todo, achegar a informática e as novas tecnoloxías a toda a cidadanía.
Cursos adaptados ao nivel e necesidades do alumnado que van dende o manexo de Excel á edición informática e a ofimática en xeral. Ao longo do ano tamén haberá cursos específicos, como por exemplo manexo de Facturaplus que serán anunciados na páxina web do concello.
De luns a venres, de 16:00 horas a 21:00 horas, calquera veciño ou veciña de Ponteareas pode ser beneficiario destes cursos que a concellería de Novas Tecnoloxías ofrece totalmente de balde, co obxectivo de favorecer a inclusión dixital.
“O obxectivo desta aula é promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador, e prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola brecha dixital. Tamén buscamos fomentar a formación dixital entre os profesionais e achegar ás pemes as vantaxes da sociedade da información”, sinalou o concelleiro socialista Benito Márquez, quen tamén aproveitou a ocasión para animar a tódolos veciños a que se anoten nos diversos cursos e aproveiten esta oportunidade.
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL