• Fiestas de Bouzas
  • Encuesta Elecciones
  • Alerta calor Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Uber Vigo
  • Conciertos Villa Solita
  • Tren histórico Vigo
  • Sondeo Problemas Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Cursos y concursos

Dous investigadores da UVigo obteñen o Premio Internacional Giovanni Barla ao mellor artigo de 2023

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/05/2024

Os investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, da Universidade de Vigo, Leandro Alejano e Ignacio Pérez Rey, docentes da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, acaban de ser galardoados co Premi Giovanni Barla ao mellor artigo de 2023 publicado na revista Rock Mechanics and Rock Engineering, unha das publicacións internacionais de maior prestixio dentro do eido da mecánica de rochas. O galardón recoñece a elevada calidade do artigo A New Insight into the Stability of Precariously Balanced Rocks, do que son coautores, xunto con Mauro Muñiz, do Laboratorio de Xeotecnia do Cedex, en Madrid, e tres investigadores da Universidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest, en Hungría, entres eles o profesor Gabor Domokos, un dos principais expertos mundiais no estudo e resolución de problemas de equilibrio de corpos complexos.

O artigo recolle os resultados dunha investigación realizada en colaboración entre estas tres institucións que afonda no estudo de estruturas xeolóxicas singulares como son os bolos graníticos inestables, entre eles a coñecida Pena do Equilibrio, en Ponteareas, unha liña de traballo na que o grupo de Xestión sostible e segura dos recursos minerais da Universidade de Vigo, do que forman parte Alejano e Pérez Rey, leva anos traballando. De feito, neste tema centrárase xa a tese de doutoramento de Ignacio Pérez Rey, defendida en 2019 na UVigo e dirixida polo profesor Leandro Alejano, á que a Sociedade Española de Mecánica de Rochas lle outorgara no 2020 unha mención honorífica.

Másnoticias

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

02/07/2025

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

01/07/2025

“Recoñecemento a unha paisaxe que é patrimonio xeolóxico da rexión”

“Recibir agora este novo premio, unido ao feito de que un grupo de relevancia como o comandado polo profesor Domokos tivera interese nel, é un bo indicativo de que na Universidade de Vigo e en institucións españolas como o Cedex se realiza investigación de calidade”, explica Ignacio Pérez Rey, quen salienta que o premio otorga “un claro recoñecemento a unha paisaxe que temos moi preto de nós e impulsa a súa conservación como elementos do patrimonio xeolóxico da rexión”.

Equipo internacional creado en plena pandemia

“Aínda que a metodoloxía utilizada para os cálculos de estabilidade da Pena do Equilibrio incluída na miña tese funcionara realmente ben, sendo publicada na revista Journal of Rock Mechanics and Mining Sciences, consideramos que podería ter algunha limitación, especialmente debido á natureza tridimensional do problema”, salienta Pérez Rey, quen explica que foi en plena pandemia, hai agora catro anos, cando decidiu contactar co profesor Gabor Domokos para amosarlle o seu traballo. Tras esa mensaxe inicial viñeron outras, así como varias reunións nas que se decidiu analizar novamente o problema e facelo coa colaboración do grupo do profesor Domokos e do Laboratorio de Xeotecnia do Cedex en Madrid, do que Ignacio Pérez Rey tamén formou parte.

O traballo consistiu en analizar novamente e validar doutro xeito os cálculos de estabilidade presentados inicialmente na tese de Pérez Rey, engadindo dous novos mecanismos de potencial inestabilidade ao problema en cuestión: a consideración da rotación do penedo e a rotura do material na superficie de contacto onde está apoiado. “Esta colaboración con persoal investigador do eido da matemática permitiu un desenvolvemento formal das expresións que rexen o equilibrio mecánico da Pena do Equilibrio, ademais dun refinamento da nube de puntos tridimensional en zonas onde non se puido obter información, debido a que é imposible acceder ao contacto entre o propio penedo e a rocha onde repousa”, salienta o investigador.

Novos estudos sobre outras estruturas xeolóxicas singulares de Galicia e Madrid

Dado o éxito da colaboración, os tres grupos están xa a formular a continuación destes estudos con aplicacións a outras estruturas xeolóxicas singulares situadas en Galicia e na Pedriza del Manzanares, no Parque Nacional de la Sierra de Guadarrama, en Madrid. Grazas á natureza granítica de gran parte de Galicia, existen numerosos exemplos de bolos graníticos susceptíbeis de ser estudados. Entre outros exemplos, fan referencia ao penedo das Fatigas, na comarca da Limia, en Ourense, ou os penedos de Pasarela e Traba, na Coruña. Ao seu modo de ver, aínda que non todos estes exemplos presentan unha tipoloxía destacable en termos de cálculo da estabilidade, conforman elementos dignos de estudo. Por outra banda, zonas como o parque da Pedriza en Madrid presentan estruturas xeolóxicas deste tipo, “que resultan de grande interese, tanto pola diversidade en formas como en tamaños”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Cursos y concursos

Abren los cursos gratis de conducción segura en moto en Galicia: fechas y requisitos

...

PorMiguel Alonso
19/04/2025
Cursos y concursos

"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido

...

PorMetropolitano
08/04/2025
Cursos y concursos

La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes

...

PorMetropolitano
22/02/2025
Cursos y concursos

Moda y solidaridad se unen en Vigo en este concurso que te recordará al mítico "Precio justo"

...

PorMetropolitano
29/05/2024
Enfoque

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

PorMetropolitano
02/07/2025

O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X