• Aperitivo de moda en Vigo
  • Cartas Pokémon en Vigo
  • Cascada escondida
  • Villa indiana Redondela
  • Vídeo rescate Ourense
  • Nuevo mirador
  • Afectados Viaxes Loa
  • Arte urbano Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Cursos y concursos

Eu Rural ofrece cursos de creación de cremas e conservas gratuítos en seis concellos

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
09/01/2020

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa "Coas mans na masa", un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa "Coas mans na masa", nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas.

Másnoticias

Imagen de archivo del Festival Taíña, en Goián // Facebook Festival Taíña

Música "para sacar los pasos prohibidos" y bebidas con "sabrosura" en la Festa Latina de Tomiño

17/08/2025

Empapelan Redondela para unir a los afectados por el cierre de Viaxes Loa: "No queremos circo, solo justicia"

17/08/2025

Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de "Elaboración artesanal de Ungüentos naturais" que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

Por outro lado, tamén se desenvolverán dúas accións formativas relacionadas coa "Elaboración artesanal de Conservas", un curso que se repite por terceiro ano consecutivo e que cada edición conta con maior interese por parte da cidadanía. Nesta actividade as persoas interesadas aprenderán a facer conservas naturais con alimentos de tempada que abundan na contorna e impartiranse nos concellos de Mos (2, 3 e 4 de marzo) e Gondomar (23, 24 e 25 de marzo).

Como complemento a estas actividades, nesta ocasión "Coas mans na masa" desenvolverá por primeira vez cursos específicos dirixidos a profesionais da hostalaría e da restauración: "Cociña creativa con produto local". Da man do chef galego Iván Méndez, as persoas participantes descubrirán novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. Serán catro cursos eminentemente prácticos que terán lugar en Nigrán (1, 4 e 5 de febreiro), Tomiño (17, 18 e 19 de febreiro), O Porriño (20, 21 e 22 de abril) e Redondela (4, 5 e 6 de maio).

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web oficial (clic aquí). Todos os cursos se impartirán en horario de 16:30 a 20:30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Un dos obxectivos estratéxicos de Eurural da resposta ao que pedía a cidadanía: investir os fondos europeos que recalan no territorio en formación”, salientou Sandra González, presidenta da asociación Eurural e alcaldesa de Tomiño, durante a presentación do itinerario formativo este xoves 9 de xaneiro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. “Este ano quixemos facer una nova edición do curso de elaboración artesanal de ungüentos e de conservas para dar a oportunidade a todos os concellos do territorio de poder desfrutar dunhas actividades que contan sempre cunha alta demanda por parte da poboación. Por iso queremos agradecer a colaboración de todos os concellos, que se implican para que estes cursos poidan impartirse, e de toda a veciñanza que participa activamente en cada unha das iniciativas que levamos a cabo”, recordou.

González estivo acompañada neste acto polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, que exerceu de anfitrión, así como pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; polas concelleiras de Promoción Económica e de Política Social de Mos, Julia Loureiro e Sara Cebreiro; pola concelleira de Emprego de Tui, Ana María Núñez, e por diferentes membros da corporación municipal de Gondomar.

 

Temas: A GuardaA LouriñaBaionacursos de cocinaEu RuralGondomarMosNigránO Baixo MiñoO PorriñoO RosalO Val MiñorRedondelaTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Foto: Restaurant & Bar Design Awards
Enfoque

Un restaurante de Galicia arrasa en el mundo entero por su brillante diseño

A veces, el diseño es casi tan importante como la propuesta gastronómica de un restaurante. Eso refleja este restaurante de Galicia que conquista al mundo

PorAlfredo Teja
17/08/2025
Fogones

Estas son las fiestas gastronómicas en Galicia para deleitarse en la segunda quincena de agosto

¿Qué fiestas gastronómicas hay en Galicia durante la segunda quincena de agosto? Estas son algunas de las citas más destacadas

PorIván Dacal
15/08/2025
Fogones

Una terraza sobre el agua enamora a Galicia en el corazón de la Ribeira Sacra

Una idílica terraza en plena Ribeira Sacra ofrece la oportunidad de comer en ella o cenar. Todo a orillas del río y rodeado de naturaleza

PorIván Dacal
14/08/2025
Algunas de las propuestas culinarias de A Palmeira (Foto: A Palmeira)
Enfoque

Esta es "la mejor cafetería de gasolinera" de Galicia y arrasa en redes sociales con su brunch

Un local de la provincia de Pontevedra conquista las redes sociales. Algunos la califican la "mejor cafetería de gasolinera" de Galicia

PorPaula Carballo
14/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X