O Concello de Moaña celebrará este venres, 2 de febreiro, a charla “Vespa velutina: o perigo á porta da casa” na que se explicarán as características deste insecto invasor, a súa problemática e como facerlle fronte.
A charla, que arrancará ás 20:00 horas no salón de plenos do concello, contará cun obradoiro no que se dará conta de como construír trampas caseiras para atrapar ás raíñas de velutina, coñecida como vespa asiática. Por isto, os asistentes deberán levar botellas de plástico de medio litro para poder elaborar a súa.
O acto está organizado polo Concello de Moaña, o Ateneo de Moaña e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) e contará coa presenza de José María Bello, delegado de AGA no Morrazo, e Tonio Nogueira, biólogo membro do Ateneo de Moaña.
Pode interesarche: É posible evitar un ataque de vespa velutina e como reaccionar se se produce?
Dende a Asociación Galega de Apicultura denuncian que aínda que estes insectos non son máis agresivos que os autóctonos si é verdade que ante a falta dunha política decidida de control cada día é mais habitual toparse con niños non soamente nas árbores, senón tamén no chan e aloxados en muros entre as silvas.
Dende a asociación inciden na importancia de “trampear, facer política de concienciación e de prevención” para evitar a masiva expansión destas avespas invasoras que acaban coas autóctonas e poñen en perigo o proceso de polinización.
As vespas asiáticas ou velutinas son moi grandes, duns tres centímetros, pero esta non é a súa característica diferencial máis importante xa que as autóctonas “vespas crabo” tamén teñen un tamaño semellante. Por iso, a gran diferenza dáse nas cores do seu corpo. O tórax é moi escuro, case que negro, namentres que a punta das patas é totalmente amarela.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL