A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo –FECIMO– acaba de pór en marcha onte, 1 de febreiro de 2021, unha campaña de dinamización comercial para todo o mes dos namorados. Esta campaña está baseada na promoción das tarxetas de fidelización do Comercio do Morrazo, unhas tarxetas que xa saíron ao público no mes de decembro para as localidades de Cangas, Moaña e Bueu.
Este ano, debido á actual situación provocada pola pandemia e trala boa acollida por parte dos establecementos e dos clientes da tarxeta, dende Fecimo quixeron aproveitar para desenvolver un sistema de participación que minimizase o contacto e simplificase a participación dos clientes nesta campaña. Desta forma, cando un cliente empregue a súa tarxeta de fidelización, durante as datas da campaña (dende o 1 ata o 28 de febreiro), para obter unha porcentaxe de bonificación nas súas compras ou consumicións en calquera dos comercios ou locais que teñan activo o sistema da tarxeta, entrará no sorteo final da campaña.
Unha vez se remate coa campaña (despois do 28 de febreiro), terá lugar o sorteo onde se repartirán 900 euros en premios, 300 euros por localidade, entre as compras realizadas nos establecementos do Morrazo rexistradas nas tarxetas de fidelización, e entregaranse aos clientes gañadores en forma de tarxetas regalo para gastar no comercio local adherido á iniciativa. Cabe destacar que nesta campaña, aqueles clientes que non resulten gañadores, benefícianse igualmente ao poder acumular saldo coas bonificacións que obteñen directamente con cada compra ao empregar a tarxeta.
Actualmente xa son 110 os locais da comarca que participan no sistema das tarxetas e polo tanto desta campaña. Os clientes que aínda non posúan a súa tarxeta, poderán obtela de forma física neses mesmos locais ou ben na oficina de Fecimo, mentres que se a prefiren de forma dixital, poderán facelo a través desta web (premer aquí) ou da APP oficial de Comercio do Morrazo.
Para saber cales son os locais de Moaña, Cangas e Bueu que participan na campaña e teñen a tarxeta, poderase visitar a web de Comercio do Morrazo e filtrar na sección “Comercios” o apartado “tarxeta de fidelización”.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL