• San Roque Vigo
  • Planes finde
  • Fiestas de Coia
  • Piscinas municipales
  • Açaí en Vigo
  • Escuelas infantiles
  • PortAmérica
  • Rally Rías Baixas
  • Alerta roja
  • Castrelos, centro de ocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Cursos y concursos

O proxecto Caminito de UVigo gaña un certame europeo da Axencia Espacial Europea

O proxecto Caminito de UVigo gaña un certame europeo da Axencia Espacial Europea
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/12/2021

A Axencia Espacial Europea (ESA) outorgou ao proxecto Caminito, CAMera based INfraestructure Integrity Tracking from Orbit, desenvolvido polos e polas integrantes do equipo UVigo SpaceLab, o premio europeo Copernicus Masters na categoría de infraestruturas. O galardón, que se fixo público nun acto celebrado en formato virtual, está dotado cunha contía económica de 10.000 euros e outros 10.000 euros en imaxes satelitais e datos da constelación Copernicus, que permitirán aos creadores de Caminito poñer a proba e desenvolver a súa iniciativa, e mesmo novas ideas. “Para nós é un recoñecemento ao noso traballo, ademais de que todo este tipo de iniciativas e concursos poñen en valor o papel que ten o espazo, tanto no día a día dun cidadán de a pé, como para as persoas que nos dedicamos desde os nosos estudos a beneficiar e xerar estes coñecementos, solucionando así problemas”, recoñece Manuel Diz, director executivo responsable de xestión de proxectos do equipo UVigo SpaceLab, integrado por máis dunha trintena de estudantes do campus de Vigo e Ourense.

O premio europeo Copernicus Masters súmase aos galardóns rexionais, organizados tamén pola Axencia Espacial Europea, Galileo e Copernicus Galicia 2021 que o equipo UVigo SpaceLab acadou recentemente polos seus proxectos Adagio e Caminito, respectivamente. No caso do certame europeo, as e os integrantes do equipo confirman que “xa o seguíamos desde hai un ano, posto que algúns docentes da UVigo xa participaran anteriormente. Ao ver os anteriores resultados, animámonos a participar e buscar propostas que encaixasen nas liñas de traballo marcadas pola UE para crear e axudar ao desenvolvemento das constelacións de satélites Copernicus e Galileo”, explican os e as estudantes, que cualifican de “incrible” gañar o certame europeo, que lles reportará 10.000 euros que investirán directamente no desenvolvemento da misión BIXO, na que traballan neste intre, e outros 10.000 en imaxe satelitais e datos da constelación Copernicus para poñer a proba e desenvolver máis a fondo Caminito. O concurso celébrase desde o ano 2011 por iniciativa da Axencia Espacial Europea, como parte da súa misión de fomentar a captación de usuarios do programa e Observación da Terra Copernicus. Nesta década máis de 3000 persoas de 70 países participaron no certame, que premia as mellores ideas innovadoras e desenvolvementos que usan datos de observación da Terra para abordar desafíos sociais e empresariais e máis dun cento gañaron ata o de agora o concurso, que outorgou nestes dez anos uns 4,3 millóns de euros.

Másnoticias

UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada

UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada

03/07/2026
O CINBIO da UVigo incorporará en setembro unha investigadora Marie Curie neozelandesa

O CINBIO da UVigo incorporará en setembro unha investigadora Marie Curie neozelandesa

02/07/2026

Meses de traballo ata acadar o recoñecemento europeo

Aínda que as e os integrantes de UVigo SpaceLab centran desde hai algo máis dun ano a súa actividade no desenvolvemento de BIXO, Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit, unha misión biolóxica que ten por obxectivo analizar os efectos reais da exposición prolongada dos microorganismos ao medio espacial, o pasado verán comezaron a traballar en Caminito e Adagio. “Ao inicio fixemos varias reunións de traballo para desenvolver a idea, pero a medida que avanzabamos nas fases do concurso pedíronnos elaborar máis documentación, realizar presentacións con expertos europeos da ESA, analistas de negocio… E pouco a pouco pasando estas ‘probas’ acadamos o éxito”, detalla Diz.

Caminito é, segundo os seus autores, “unha proposta revolucionaria” onde as imaxes da constelación Copernicus serían utilizados para a xestión e coidado dos sendeiros do Camiño de Santiago. “O seu obxectivo é proporcionar información para a prevención e actuación ante posibles incidencias, así como para o estudo da vexetación e masas de auga para detectar posibles desprendementos”, detalla o director executivo responsable de xestión de proxectos do equipo UVigo SpaceLab, que destaca o traballo desenvolvido polos e polas integrantes do equipo que comezaron o seu segundo ano nesta formación e que na actualidade son as e os responsables dos departamentos de software, comunicacións, enxeñaría de sistemas, organización e márketing, electrónica e ADCS.

Centrados no deseño de subsistemas de BIXO

Con máis dunha trintena de estudantes das escolas de enxeñaría Industrial, Telecomunicación, Minas e Enerxía, Informática e Aeronáutica e do Espazo integrados no equipo UVigo SpaceLab deste ano, o alumnado, logo de pasar a primeira fase da misión BIXO, céntrase na actualidade no deseño de diversos subsistemas. Coa estrutura do satélite lista e pechando diversos acordos con patrocinadores respecto dalgúns deses subsistemas de grande importancia para a misión, os integrantes do equipo aseguran estar cada vez máis preto do seu obxectivo: a posta en órbita. “2022 depararanos grandes sorpresas, posto que a inicios do primeiro trimestre deste ano comezaremos outra ampliación do equipo, coa intención que supere as 40 ou 50 persoas, ademais de que esperamos participar en novos concursos, eventos e congresos da ESA para acadar que BIXO estea en órbita”, explica Diz.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La tercera ciudad más acogedora del mundo de 2024 se encuentra en el norte de Portugal
Cursos y concursos

Nace un concurso fotográfico que te lleva de escapada a estos concellos de Galicia y el Norte de Portugal

...

PorMetropolitano
03/07/2025
La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes
Cursos y concursos

Abren los cursos gratis de conducción segura en moto en Galicia: fechas y requisitos

...

PorMiguel Alonso
19/04/2025
"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido
Cursos y concursos

"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido

...

PorMetropolitano
08/04/2025
La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes
Cursos y concursos

La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes

...

PorMetropolitano
22/02/2025
UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada
Enfoque

UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada

PorMetropolitano
03/07/2026

La UVigo Motorsport presenta su nuevo vehículo. Competirán con él este verano en Austria y en el circuito de Montmeló

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jul(jul 3)11:3005(jul 5)23:00XXXIV Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraGASTRONOMÍA | FIESTAS | GALICIA

04jul19:30O Son de Vilanova FestFESTIVAL | VILANOVA DE AROUSA

04jul22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

16jul22:00Concierto de Molotov en CastrelosCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X