Desde o 2014 o concello de Salceda de Caselas formaba parte da rede de Aulas Auxiliares, pasando agora a ser titular da Aula Mentor, formando parte así da estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Dende o departamento de emprego do concello traballan na liña de fomentar a igualdade de oportunidades no aceso á educación, polo que “consideramos importantísimo formar parte destes programas avanzados de educación a distancia, tanto de ensinanza regrada como non regrada”.
A Aula Mentor é un recurso que pretende impulsar e mellorar as competencias persoais e profesionais das persoas adultas, promovendo a cultura e a participación da cidadanía no uso sostible das Tecnoloxías da información e as comunicacións. Hai que destacar que é unha formación aberta onde non existen requisitos de acceso e proporciona unha oferta formativa de carácter non formal moi ampla que se adapta as necesidades de conciliación laboral e familiar da poboación adulta.
A Aula Mentor do concello ten as instalación físicas e o equipamento tecnolóxico no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, co fin de dar soporte a esta formación a distancia. Ademais disporá de dúas persoas administradoras, que asistirán ás persoas usuarias nas necesidades telemáticas para a realización dos cursos, así como a orientación e información nos procesos de matriculación e a organización das probas de avaliación que serán presenciais.
O convenio asinado entre o concello e o Ministerio terá unha vixencia de catro anos prorrogables. Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de Emprego e Formación, afirma que “as administracións públicas correspóndenos o deber de promover ofertas de aprendizaxe flexibles que permitan a adquisición de competencias básicas, obtendo as correspondentes titulacións, polo que está é unha oportunidade sobre todo para aquelas persoas mozas e adultas que abandonaron ou tiveron que deixar o sistema educativo sen ningunha titulación.”
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
O tema, titulado "Sin el tiempo", lanzarase o vindeiro día 18 de abril - O colectivo está formado por seis estudantes de diferentes graos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL