A Concellaría de Cultura e a Concellaría de Mocidade do Concello de Ponteareas, dirixidas polos nacionalistas Fernando Groba e Miguel Bouzó respectivamente, poñen en marcha un novo certame co que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formato e temáticas, e darlles visibilidade ás e os tiktokeiras e tiktokeiros do Concello de Ponteareas. Deste xeito lanzan o concurso @TikTokTea no que poderá participar a mocidade a partir de 13 anos.
Os seus “TikToks” serán valorados por un xurado composto por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual ponteareán e nas redes sociais. Cada participante pode enviar un máximo de dous vídeos.
Para participar no certame, deberase enviar ao enderezo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal a ficha de participación cuberta e asinada, xunto co vídeo creado. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de febreiro de 2021. Establécense dous premios de 100 euros en cada categoría, un outorgado polo xurado e outro polo público. Os concelleiros explican que os premios entregaranse nun acto público que se anunciará previamente no sitio web do Concello e nas súas redes sociais.
Os vídeos teñen que estar en lingua galega e deben ser de creación propia, a través da aplicación TikTok. Será obrigatoria a presenza da lingua galega, xa sexa de xeito oral, escrito ou musical. A duración de cada peza estará comprendida entre os 20 e os 60 segundos e nas gravacións realizadas en espazos públicos, débense respectar as medidas de prevención da Covid19 existentes.
As pezas audiovisuais deberán estar relacionadas coa música, o espazo, a gastronomía, as tradicións, ou calquera outro elemento característico do Concello de Ponteareas. As bases pódense consultar no botón “TikTokTea” do sitio web do Concello ou directamente seguindo esta ligazón (premer aquí).
Con esta iniciativas a Concellaría de Cultura e a de Mocidade destacan que “traballan de xeito transversal” no fomento do emprego da nosa lingua galega a través das últimas tendencias en lecer e achéganse á mocidade con ferramentas que esperten o seu lado artístico.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL