Tras os éxitos das primeiras edicións, o vindeiro 17 de xuño regresa o III Cross Popular de Cabo Udra, que combinará natureza, deporte e actividades complementarias nunha contorna privilexiada da costa de Bueu.
Este cross seguirá o mesmo sistema que o ano pasado, integrándose dunha carreira absoluta de 10 quilómetros e diversas categorías con percorridos adaptados segundo a idade, que van desde os pitufos de 3 anos (2014), pitufos de 4 anos (2013), pitufos de 5 anos (2012), minibenxamín (2010-11), benxamín (2008-09), alevín (2006-07), infantil (2004-05), cadete (2002-03) e popular (a partir de 2001).
Aínda que hai diversos circuítos segundo as categorías, no caso da carreira absoluta destaca a variedade de espazos. A saída será en Chan de Esqueiros, con volta a Udra ata o campo de tiro, de novo un rodeo a Udra e subida ao campo de fútbol con baixada polo monte. Este percorrido poderá ser recoñecido polas persoas que o desexen este domingo, 3 de xuño, ás 10.00 h.
https://vimeo.com/264206823
O alcalde Félix Juncal destacou na rolda de prensa de presentación da proba que “é moi importante o protagonismo que se lle dá aos máis pequenos e pequenas”. Esta importancia reflíctese nas actividades paralelas que terán lugar neste espazo, como a tirolina de 200 metros, o rocódromo, xogos populares da man da Asociación Juan XXIII de Cangas, un parque infantil, unha proba de orientación e unha exhibición de zumba.
Ademais, co obxectivo de dar a coñecer o espazo de Cabo Udra, o concelleiro de deportes, Manolo Otero, será o encargado de guiar unha andaina a partir das 12 do mediodía. Búscase que “as familias acudan a este espazo para pasar o día nas diversas actividades”.
As inscricións están abertas na web www.prueba-t.es ata o 13 de xuño ás 23.30 horas. O custe de participación será de 6€ unicamente no caso da carreira absoluta, no resto das categorías é gratuíta. Desde a organización destacan que os centros educativos disporán de prazo ata o 8 de xuño para apuntarse vía correo electrónico.
Na rolda de prensa tamén estiveron presentes Manuela Millán, presidenta da ANPA Cabo Udra, Vanesa Carballo, directora do CEIP Montemogos, Marcos Torres, coordinador do Cross, Ricardo Verde, presidente do Club de Atletismo Corredoira, Teresa Lagos, directora da Asociación Juan XXIII, Fran Soliño, responsable do Taller Ocupacional da Asociación Juan XXIII e Daniel Otero, usuario da Asociación.
Tui finaliza las obras de mejora en las pistas de Areas, recinto deportivo donde se podrá jugar gratis al tenis en estos horarios
As Celtas celebró este domingo un ascenso histórico tras golear en Valladolid. Las celestes se impusieron por 0 a 6 al Villa de Simancas
Fer López, Borja Iglesias e Iago Aspas fueron los goleadores de un Celta que desata la ilusión por jugar en Europa
El Celta abre este jueves el estadio de Balaídos para un entrenamiento a puertas abiertas. ¡Consulta aquí todos los detalles de la sesión!
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL