Preto de 300 deportistas disputarán este domingo 6 de maio en Praia América-Panxón o 'II Triatlon Desafío Illas Estelas Nigrán' organizado dende o Concello de Nigrán coa colaboración da Federación Galega de Triatlon. Nesta xornada reuniranse os mellores triatletas galegos dende a base ata os máis destacados especialistas nacionais. Trátase dunha proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria para o Campionato Galego 2018. Haberá catro probas, a proba popular e a proba masculina sen tempo de corte e as probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego.
A proba popular vai dirixida a xente que se está iniciando nesta modalidade, así coma a menores dende os 13 anos de idade, xa que as distancias son máis asequibles que as habituais comenzando con un percorrido de natación de 300m, para continuar con 13 km de ciclismo e finalizar con 2,5km de carreira a pé.
A proba masculina sen tempo de corte está dirixida a xente cunha experiencia mínima neste deporte e federados, disputarase sobre un percorrido natación de 750 metros, seguidamente os triatletas recollerán as súas bicicletas na transcición e farán un percorrido de 20 quilómetros de carreira en bicicleta para rematar a proba con 5 quilómetros de carreira a pé.
As probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego están dirixidas aos millores triatletas do panorama galego e nacional, serán tamén sobre unha distancia de 750m de natación, 20 Km de ciclismo e 5 Km de carreira a pé e nestas probas se decidirán os campións do II Tríatlon Desafío Illas Estelas de Nigrán e ademáis repartiranse, a mulleres e homes por igual, os 1.000€ que a proba ofrece en premios económicos.
En todas as probas o crono non se para en ningún momento resultando gañador o participante que chega en primeiro lugar a meta.
"O deporte é saúde e dende o Concello estamos totalmente comprometidos para fomentar a súa práctica, por iso non perdemos a oportunidade de organizar este tipo de eventos que, ademáis, reúnen a tanta xente no noso municipio", resume o alcalde, Juan González.
La atleta gallega se impuso a la otra gran favorita de la prueba, la italiana Francesca Tarantello, y suma un nuevo título mundial
Ourense anunció que ya ha abierto el plazo para inscribirse en la popular San Martiño. ¡Este es el precio y el plazo para anotarse!
El portugués Carlos Pinto fue el campeón en la categoría masculina, mientras que la gijonesa Guadalupe Álvarez hizo lo propio en la femenina
El alcalde acuda a Balaídos para desvelar cómo quedará el estadio municipal para que Vigo sea sede del Mundial 2030
Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL