O Pavillón da Marisma, en Redondela, acolle este vindeiro mércores, 29 de setembro, a final da Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha cita que enfrontará ao Abeconsa Basketmi do Ferrol e ao Iberconsa AMFIV de Vigo a partir das 20 horas
O evento foi presentado na mañá de hoxe, na Praza do Concello de Redondela, presidido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, á que acompañaban a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García; o director técnico da Federación, Domingo Salinas; José Manuel Freire, coordinador de Deporte Escolar, en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e Nacho González, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela.
Na presentación participaron tamén dous xogadores e unha xogadora do Iberconsa Amfiv, María Luisa Chirinos, Fabian Daniel Romo e Agustín Alejos, este último participante nos últimos Xogos Paralímpicos de Tokio formando parte da selección española.
Susana García quixo, nas súas palabras, “agradecer a extraordinaria disposición do Concello de Redondela á hora de acoller esta final” na que participan os dous representes Galegos na Liga Española de Baloncesto en cadeira de Rodas, o Iberconsa AMFIV que milita na División de Honra en o Abeconsa Basketmi que o fai na Primeira División. Destacou a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado “o bo nivel que ten o baloncesto adaptado galego a nivel nacional” xa que os dous equipos que protagonizan esta final son os representantes da comunidade na Liga e no caso do AMFIV remata sempre en lugares destacados.
Digna Rivas, pola súa banda, agradeceu á Federación que elixira Redondela “para a disputa dun encontro de alto nivel e que pon o punto de atención sobre o deporte adaptado”. A alcaldesa destacou o traballo que realiza a Federación nese sentido e asegurou que “poden contar con Redondela para todos cantos eventos deportivos queiran realizar”.
Así, o mércores 29 a partir das 20 horas, o pavillón da Marisma encherase de baloncesto de alto nivel nun encontro que estará rexido polo protocolo Fisicovid da Federación Galega de Deporte Adaptado e aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte.
El Celta ha anunciado el plazo para solicitar las entradas del primer partido como visitante en la Europa League. ¡Así es la inscripción!
El Celta abrirá su participación europea lejos de Balaídos el próximo 25 de septiembre ante el Stuttgart alemán
El centro educativo de O Porriño es uno de los seis que se suman este curso a impartir el Bachillerato STEM
El Celta se medirá a estos ocho rivales en la Fase Liga de la Europa League: estos son los adversarios, viajes y fechas del EuroCelta
El próximo martes 9 de septiembre se instalará una carpa en Príncipe donde se podrán realizar determinadas actividades lúdicas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL