Este venres 29 de xuño péchase o prazo de inscricións para participar na XXIII Travesía a Nado do Porto da Guarda, que terá lugar o sábado 7 de xullo, coincidindo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
As inscricións realízanse de xeito electrónico na web do Concello da Guarda, sendo preciso a lectura do regulamento de participación e asinar a autorización para os menores de idade que desexen participar.
Nesta XXIII edición, a Travesía a Nado do Porto da Guarda contará con 12 categorías por idades, 6 femininas e 6 masculinas, para os nados en 1980 e anteriores, de 1981 a 1997, de 1998 a 2002, de 2003 a 2006, de 2007 a 2011 e de 2012 a 2018. Segundo a categoría elixida haberá dous percorridos de 400 e 1.200 metros. Admítese a participación de persoas federadas e non federadas.
A proba comezará ás 12:00 horas no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. Queda prohibida a utilización de axudas externas como aletas, flotadores e similares. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización. Poden empregarse as duchas quentes das instalacións do Club de Remo Robaleira. A entrega de premios realizarase a partires das 13:00h
A XXIII edición a Travesía a Nado do Porto da Guarda está organizada pola Concellería de Deportes do Concello da Guarda e colaboración co Clube Alagua, Río Verde, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e o Clube de Remo Robaleira.
Uno de los fichajes más esperados ya viste la zamarra celeste, Bryan Zaragoza firma su vinculación con el Celta
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL