• Leiva en Vigo
  • Pollos Muñoz Vigo
  • El tiempo Vigo
  • Teatro Cine Fraga
  • Obras Balaídos
  • Controles Vigo
  • O Son do Camiño
  • Náutico de Vigo
  • Castrelos 2026
  • Cíes Market
  • Agua Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

600 estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots na EE Industrial da UVigo

600 estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots na EE Industrial da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
21/04/2023

Pasaron catro anos dende que a Escola de Enxeñaría Industrial celebrou a súa última Competición de Robots pero, superada xa a pandemia de covid-19, a cita coa robótica e a automática regresou este venres ao campus vigués e fíxoo coa participación de máis de 600 estudantes de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade das catro provincias galegas.

A acollida superou as expectativas da organización, como recoñece o director da EE Industrial, Juan Pardo Froján, e os corredores e aulas do centro foron “invadidas”, de volta, polos 116 equipos participantes nas dúas categorías do concurso. Cada un dos grupos tivo que deseñar e construír o seu propio robot a partir dun kit básico, o mBot 2, un autómata educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo mellorado con capacidades de conexión en rede, sensores integrados e moitas melloras respecto de edicións anteriores, como destaca o director. Ademais, como subliña o director, foi o ano no que houbo maior diversidade na procedencia dos colexios e institutos, contando coa participación de centros, por exemplo, de Burela.

Másnoticias

La food truck que arrasa en Vigo con los platos del mejor chef del mundo actualiza su carta

El famoso chef Dabiz Muñoz llegará a Vigo con su food truck, vuelve "Pollos Muñoz"

16/10/2025
La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos

La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos

16/10/2025

A outra novidade desta edición foron as categorías: BE-ROBOT e DeMO-ROBOT, que substitúen as tradicionais WALL-e e R2D2: a primeira delas para alumando de ESO e Bacharelato e a segunda para o estudantado de ensino superior.

O obxectivo desta actividade é, por unha banda, que as e os participantes apliquen os coñecementos adquiridos en materias STEM no eido da robótica a través de divertidas probas e retos e, por outra, achegar a Universidade de Vigo ao alumnado do ensino secundario, dando a coñecer as titulacións que se imparte na escola e fomentando o interese polas disciplinas relacionadas co eido da enxeñaría e a tecnoloxía. Ademais, no caso concreto da categoría DeMO-ROBOT para ciclos e graos, preténdese potenciar a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos, á vez que se estimula a atracción e desenvolvemento do talento habilitador ante os novos retos da industria do futuro, como sinalan dende o centro.

Premiados

A competición arrancou para os 106 equipos da categoría BE-ROBOT ás 10:00 da mañá, coas sesións de quecemento e preparación dos robots. Posteriormente, os tapices instalados en diversos puntos da EEI acolleron as dúas probas desta competición: Segue a liña ‘marchoso’ e Velódromo ‘mareante’, nas que tiveron que, no primeiro caso, dar unha volta completa a un circuíto marcado no chan o máis rápido posible, evitando todos os obstáculos e, no segundo, completar o número de voltas no menor tempo posible a un recinto circular, no que tamén deberon facer fronte a obstáculos. Ás 11:30 hora arrancou a competición na categoría DeMO-ROBOT, con dez equipos inscritos, que se mediron nas probas de rastrexo, labirinto e triplo ensaio con illa, todas elas individuais, e a unha proba colectiva de sumo, na que tan só un robot podía permanecer dentro do ring.

Finalmente na categoría BE-ROBOT para 1º e 2º da ESO o equipo gañador foi o do Illa de Arousa 2, do IES Illa de Arousa, mentres que o segundo premio foi para Velocikar, do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo e o terceiro para Equipo2ames, do IES de Ames. Nesta mesma categoría pero para 3º e 4º da ESO, os gañadores foron Baiona I, do IES Primeiro de Marzo, o segundo posto para Brión I, do IES de Brión e o terceiro para Illa de Arousa 5, do IES Illa de Arousa. Entre o alumnado do 1º de Bacharelato, o primeiro posto foi para Baiona 4, do IES Primeiro de Marzo, o segundo para Horse Powers, do IES Manuel García Barros, da Estrada e o terceiro para Pedras Rubias B2, do IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas.

Na categoría DeMO-ROBOT, o primeiro premio foi para Guntineitor, o segundo para RCXD e o terceiro para Dubel e para Chapa y Pintura (Liceo Dymanics). Tamén se entregaron premios á orixinalidade, que foron para Ticquendas3, do IES Lama das Quendas e para Pedregal 2, do IES Pedregal de Irimia, en Meira. Finalmente, o premio STEM foi para Tuki Tuki do IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo.

Participantes

Dos 106 equipos que se inscribiron na categoría BE-ROBOT, cinco era de 1º da ESO, 17 de 2º, 15 de 3º e 33 de 4º da ESO. Outros 36 estaban formados por estudantes de 1º de Bacharelato. Os outros dez equipos inscritos procedían de titulacións de ensino superior, principalmente de graos universitarios, aínda que nesta modalidade tamén tomaron parte algúns equipo de bacharelato, que apostaron por este cambio.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La food truck que arrasa en Vigo con los platos del mejor chef del mundo actualiza su carta
Enfoque

El famoso chef Dabiz Muñoz llegará a Vigo con su food truck, vuelve "Pollos Muñoz"

...

PorAlfredo Teja
16/10/2025
La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos
Enfoque

La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos

...

PorCarlos I. Castrillón
16/10/2025
¿Qué tiempo hará en Vigo este fin de semana? Esto es lo que dice Meteogalicia
Enfoque

¿Cuándo volverá a llover en Vigo y su área? Esta es la previsión de la Aemet y Meteogalicia

...

PorIván Dacal
16/10/2025
Adiós a la hostelería en el Náutico de Vigo, cierra solo para socios y despide a parte de la plantilla
Enfoque

Adiós a la hostelería en el Náutico de Vigo, cierra solo para socios y despide a parte de la plantilla

...

PorAlfredo Teja
16/10/2025
La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental
Enfoque

La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental

PorMetropolitano
16/10/2025

La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

18oct16:30Torneo de futbolín en VigoTORNEO | VIGO | GRATIS

18oct(oct 18)20:0019(oct 19)17:00Festa do Codillo de MosFIESTA GASTRONÓMICA | MOS | DESDE 12 EUROS

19oct11:00Festa dos Callos de BeadeFIESTA GASTRO | VIGO | DESDE 4 EUROS

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X