• Futuro macroparque Vigo
  • Alerta Portugal
  • Desaparecida Vigo
  • Calor Galicia
  • Fiestas de Coia
  • Festival Entre Playas
  • Nuevo local Nigrán
  • PortAmérica
  • Playa fluvial top
  • Fiesta gastro Tui
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A cidade olívica acolle a primeira "gran cita" da UVigo co emprego universitario de 2024

A cidade olívica acolle a primeira "gran cita" da UVigo co emprego universitario de 2024
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/02/2024

Conectar empresas e estudantes, facilitando a chegada ao mercado laboral de todo o talento que agroma nas aulas. Este é o grande obxectivo co que este martes arrancou no campus de Vigo a primeira gran cita do ano co emprego universitario, EmpregoInCampus, evento que por primeira vez se fai coincidir en tempo e lugar con Fundamental: Foro de Talento, promovido pola Fundación Mentor, dúas iniciativas que unen forzas co obxectivo común de facilitarlle a empregabilidade ao estudantado. Inscribíronse preto de medio millar de alumnas e alumnos que buscan nestas citas a oportunidade de coñecer máis de preto as oportunidades que lles achegan as arredor de medio cento de empresas que participan na edición viguesa da feira.

Coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais como escenario central, o rebulir de persoas foi constante ao longo de toda a mañá, tanto nos corredores centrais do centro, nos que se sitúan os postos das empresas participantes, como nos diferentes espazos do centro que este martes e mércores cambian a actividade académica pola ‘empresarial’, incluíndo a presentación das diferentes firmas participantes con talleres, mesas redondas e actividades de carácter máis lúdico como o monólogo do coñecido actor cómico Leo Harlem, que este mediodía encheu de asistentes o salón de actos da facultade.

Másnoticias

Vigo se "entrena" para afrontar una catástrofe en uno de sus edificios más icónicos, la Cidade da Xustiza

Nueva condena en Vigo por la extendida estafa del "hijo en apuros", cada vez más habitual

08/07/2026
El centro de Vigo acogerá un gran outlet de moda con súper precios, conciertos y zona gastro

Una marea de instrumentos tomará el centro de Vigo en una llamativa protesta musical

08/07/2026

“Pulir o talento” e achegalo ao mercado

A inauguración da feira reuniu no vestíbulo central a un amplo número de representantes, tanto do ámbito académico como empresarial. Presidiu o evento o reitor, Manuel Reigosa, e ao seu carón acompañárono Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade; Andrés Fernández, presidente da Fundación Mentor, e Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, así como, Dolores Garza, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Alfonso García-Ciaño, en representación da Fundación Banco Sabadell; Alexandre Pérez Boubeta, director de Recursos Humanos da Fundación Profand, e Teresa González Ventín, coordinadora do Eures Transfroteirizo Galicia Norte de Portugal.

“Para nós como Universidade de Vigo, como universidade que está comprometida coa súa contorna, é moi importante todo o que ten que ver co emprego”, salientou o reitor, na súa intervención, incidindo na idea de que se ben a primeira función da Universidade é formar de xeito adecuado ao estudantado, “pulir o talento que chega ás nosas aulas”, desde o goberno universitario tamén se é consciente da relevancia que ten “que a sociedade galega saque partido dese talento e se converta en ariete de desenvolvemento”. Nesta liña, tanto el como a vicerreitora Natalia Caparrini, agradeceron o apoio dos patrocinadores, tanto da Xunta de Galicia, como do Consello Social e o Eures Transfronteirizo, e deron a benvida ao foro Talento, “que complementa e dá moito valor á nosa feira de emprego”, subliñou Caparrini.

Pola súa banda, o presidente da Fundación Mentor, Andrés Fernández, agradeceu toda a colaboración recibida desde a UVigo, “a que foi a miña casa durante cinco anos” e á que volta cada vez que pode. “Naqueles anos aprendín moitísimo, pero apenas nada das denominadas habilidades brandas e, por iso, hai sete anos decidimos crear a fundación Mentor para darlle apoio á Universidade nesa área”. De maneira complementaria, a representante do executivo galego no acto, Margarita Ardao, insistiu na importancia de que o talento que se está formando” se achegue ao tecido produtivo galego, ávido de recibir persoal cualificado, para o que este tipo de eventos resultan fundamentais”.

Preto de medio de cento de postos 

Os postos das empresas e entidades participantes distribúense entre o vestíbulo central e os corredores. Cóntase con representantes do sector bancario, como Abanca ou o Banco Sabadell; despachos de avogados (CuatreCasas, Garrigues, Ernst&Young…); asesorías como Deloitte ou BDO Auditores; firmas do sector alimentación (Coren, Avigal…); farmacéutico (grupo Zendal); textil (Bimba e Lola) ou empresas de recursos humanos como Adecco ou Nortempo.

A elas súmanse tamén os colexios profesionais (de economistas, de graduados sociais…) ou entidades como o CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriasi e Biomedicina da Universidade de Vigo, e o posto do Pasaporte de Empregabilidade da propia Universidade de Vigo, no que, ademais de información múltiple, se lle ofrece ao alumnado a posibilidade de acceder a un Servizo de Fotografía Profesional, un posto polo que o ano pasado pasaron centos de estudantes e para o que esta ano se agarda un éxito similar.

Talleres e charlas con persoas que son referentes

Paralelamente aos postos das empresas, o alumnado inscrito nestes encontros pode asistir a diferentes actividades. Ao longo de toda a mañá houbo varias presentacións de empresas (BDO, Deloitte, Ernst&Young, Garrigues...) e no salón de actos, dentro da programación do Foro Talento, tivo lugar o taller Desperta a estrela que hai ti, impartido por Mónica Campos e Maica Nieto, consultoras de selección de Adecco, así como unha mesa redonda sobre Intelixencia Artificial que contou coa participación, entre outros, da catedrática viguesa Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española de IA e coordinadora do grupo de investigación Lidia, do Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña.

Trátase de que os relatorios sexan “fonte de inspiración” para o alumnado matriculado, que poidan aprender escoitando a persoas que pola súa traxectoria vital se converteron en referentes, de aí a participación no foro de persoas como Leo Harlem, que fixo rir a todo o auditorio co monólogo Deixa que che conte, ou mañá mércores da atleta paraolímpica Desirée Vila, así como do ex-xogador de baloncesto, subcampión olímpico, Juanma López Iturriaga.

Leo Harlem durante a súa actuación na UVigo

Foro Tecnolóxico de Emprego, a próxima semana

Á celebración de EmpregoInCampus e do Foro Fundamental, sumaráselle a vindeira semana o Foro Tecnolóxico de Emprego, do 5 ao 7 de marzo, onde haberá unha maior representación de empresas que buscan talento nos ámbitos das enxeñarías. Xa en abril, o xoves 18, terá lugar en Ourense unha nova edición de EmpregoInCampus, onde se intensificará a representación de empresas do ámbito agrobiolóxico, turístico e da intervención social.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Regalos y descuentos para celebrar la nueva apertura de Jysk, la "Ikea danesa", en Tui
Enfoque

Dos multinacionales low cost abrirán nuevas tiendas en Galicia con hasta un 75% de descuento

...

PorAlfredo Teja
08/07/2026
Desbloqueado el proyecto para desarrollar hasta 300 nuevas viviendas protegidas en Cangas
Enfoque

Desbloqueado el proyecto para desarrollar hasta 300 nuevas viviendas protegidas en Cangas

...

PorEuropa Press
08/07/2026
Vigo se "entrena" para afrontar una catástrofe en uno de sus edificios más icónicos, la Cidade da Xustiza
Enfoque

Nueva condena en Vigo por la extendida estafa del "hijo en apuros", cada vez más habitual

...

PorEuropa Press
08/07/2026
El centro de Vigo acogerá un gran outlet de moda con súper precios, conciertos y zona gastro
Enfoque

Una marea de instrumentos tomará el centro de Vigo en una llamativa protesta musical

...

PorAlfredo Teja
08/07/2026
Ciencia al rescate del mejillón, el proyecto "made in Vigo" para salvar la acuicultura del cambio climático
Enfoque

Ciencia al rescate del mejillón, el proyecto "made in Vigo" para salvar la acuicultura del cambio climático

PorUxía Pérez
07/07/2026

El CIM de la Universidade de Vigo lidera un proyecto para producir mejilla mejorada en criadero y garantizar el futuro del sector en Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

09julTodo el día12Vigo SeaFest 2026 - Programación completa

09julTodo el día13Fiestas de Alcabre 2026 en Vigo y Festa Gastronómica do Mar

16jul22:00Concierto de Molotov en CastrelosCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul(jul 17)22:0020(jul 20)20:00Festas de Santa Mariña de CabralFIESTAS | VIGO | GRATIS

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X