• Muerte Vigo
  • Investigación robos Vigo
  • Hotel Boutique
  • Ryanair Vigo
  • Furanchos
  • San Martiño
  • Parque O Porriño
  • Mercado Reciclado
  • Navidad top Portugal
  • Seguridad Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A EE de Telecomunicación implícase nun proxecto para impulsar a intelixencia artificial no leste de África

A EE de Telecomunicación implícase nun proxecto para impulsar a intelixencia artificial no leste de África
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/02/2023

A illa de Zanzibar acolle esta semana a xuntanza de lanzamento do proxecto CBHE Ahumain, Applied human machine intelligence in east Africa, unha iniciativa de cooperación educativa que ten como obxectivo impulsar a intelixencia artificial e a ciencia de datos no leste de África creando un plan de estudos que permita formar as enxeñeiras e enxeñeiros do futuro. A Universidade de Vigo é un das 31 participantes nesta iniciativa, que reúne tanto universidades como empresas de España, Bélxica, Chipre, Tanzania, Uganda e Kenia.

Con tres anos de duración e coordinado pola Artesis Plantjin Hogeschool de Amberes, a representación da UVigo neste proxecto corre a cargo da directora da EE de Telecomunicación, Rebeca Díaz, e os profesores Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández Veiga, todos eles investigadores do Departamento de Enxeñaría Telemática e do centro atlanTTic.

Másnoticias

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025

Crear un ecosistema de IA no este de África

O proxecto nace nun contexto de revolución tecnolóxica no que dúas grandes tendencias están cambiando o mundo: o internet das cosas (IoT) e a intelixencia artificial (IA). Como explican os impulsores desta iniciativa, mentres o IoT produce datos de sensores, a IA axudará a interpretar estes datos de maneira comprensible e a tomar decisións semiautomáticas para controlar certos procesos físicos. Precisamente por este potencial, os gobernos de todo o mundo están a incrementar a inversión e a poñer en marcha plans estratéxicos en IA coa vista posta en “atopar aplicacións relevantes e levar o seu coñecemento a un nivel excelente, para non quedarse atrás”. Isto xera un incremento da competitividade entre os países e pon tamén de manifesto a importancia de investir na creación de vínculos “entre goberno, empresas e a academia”, que é o eido no que se move o proxecto CBHE Ahumain. A finalidade é lograr que as empresas máis grandes de África adopten a IA para os seus procesos comerciais e para iso é preciso crear un “ecosistema de IA que reduza os seus costes de desenvolvemento, axude a crear aplicacións de IA adaptadas ás necesidades locais e reduza a súa dependencia de empresas estranxeiras”. Ademais, engaden, un ecosistema africano de IA podería posicionarse “como un socio atractivo para os xigantes dixitais globais desexosos de entrar no mercado africano”.

Para facelo posible, os socios de Ahumain traballarán no deseño dun plan de estudos consistente con diferentes especializacións e adaptado á situación de África oriental que conduza a unha nova xeración de enxeñeiras e enxeñeiros híbridos cun coñecemento profundo dos diferentes aspectos e que sexan quen de conectar todas as partes implicadas a un sistema útil e comercialmente viable. Ao mesmo tempo, tamén se traballará en aplicacións da vida real de IA, implementación operativa e casos de negocios, para rachar coa teoría e dar paso a aplicacións prácticas.

A UVigo, formadora de formadores

Neste contexto, o papel da Universidade de Vigo, como explica Manuel Fernández Veiga, é colaborar na definición dos cursos e contidos formativos en AI e ciencia de datos, adaptados ás necesidades socio-económicas da rexión. “Os cursos son competenciais e buscan preparar profesionais capaces de desenvolver aplicacións de AI/DS en agricultura, pequenas empresas, etc. orientadas á resolución de problemas de ámbito social como agricultura de precisión, saúde primaria, clima ou sostibilidade dos recursos”. Ademais, a UVigo é responsable dun paquete de traballo dedicado á formación de formadores, é dicir, á preparación metodolóxica de persoas que vaian impartir eses cursos na rexión”. Para isto, artellarase unha visita das delegacións de Uganda e Tanzania a Vigo en 2024, onde asistirán a seminarios específicos tanto técnicos como de métodos e enfoques de ensino sobre estas tecnoloxías, con vistas a implantalas de forma efectiva nos currículos das universidades e os centros participantes.

Reunión de lanzamento

A xuntanza de arranque do proxecto arrancou onte luns e estenderase ata o sábado na illa de Zanzíbar, en Tanzania. Esta reunión marca o inicio operativo, administrativo e xerencial do proxecto e nela discutiranse, por exemplo, os diferentes paquetes de traballo e as encomendas de cada socio, así como as disposicións orzamentarias e as garantías de calidade ou as ferramentas cooperativas en liña.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"
Enfoque

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"

...

PorMiguel Alonso
06/11/2025
Proteger Vigo en la noche más oscura, el despliegue de la Policía Nacional por el gran apagón desde dentro
Enfoque

La Policía Nacional investiga varios robos en viviendas de Vigo aprovechando la noche de Halloween

...

PorAlfredo Teja
06/11/2025
¿En qué debe convertirse la antigua estación de autobuses de Vigo? Nace una nueva propuesta
Enfoque

Detenida una mujer por matar de una puñalada a un hombre en la antigua estación de autobuses de Vigo

...

PorMetropolitano
06/11/2025
Proyectan un nuevo hotel boutique en un histórico edificio de 1930 del área de Vigo
Enfoque

Proyectan un nuevo hotel boutique en un histórico edificio de 1930 del área de Vigo

...

PorUxía Pérez
06/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X