• Área Autocaravanas Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Bono Comercio
  • Parques Mos
  • Terrazas en Vigo
  • Fiesta Monçao
  • Cancelada fiesta Holi
  • 18 años con Caballero
  • UVigo
  • Navidad Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A feira EmpregoInCampus porá en contacto o alumnado con máis de 100 empresas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/03/2025

Co obxectivo de facilitar os primeiros achegamentos do alumnado ao mundo laboral, a Universidade de Vigo volverá celebrar esta primavera as súas feiras EmpregoInCampus. Esta iniciativa, que naceu en 2022, ten como obxectivo pór en contacto os titulados e tituladas e estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias. A cita no campus de Vigo será o 3 de abril, nas facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo e de Ciencias Económicas e Empresariais, e o 9 de abril en Ourense, no pavillón universitario de deportes. A data para esta cita no campus de Pontevedra está aínda por definir.

Máis de 100 empresas rexistradas

A finalidade destas tres feiras é brindar á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen as máis de 100 entidades xa rexistradas procedentes de moi diversos sectores e contactar directamente cos seus responsables de selección. Xunto coa visita aos postos, durante a feira desenvólvense varias actividades complementarias. Por unha banda, as persoas visitantes terán á súa disposición o Pasaporte de Empregabilidade, un espazo no que poderán recibir asesoramento sobre o seu CV e facerse unha foto de calidade para o seu CV ou redes sociais profesionais. Tamén se poderán entregar currículos ás empresas a través dun código QR que se xerará no momento de facer a inscrición.

Másnoticias

La UVigo se consolida entre las mejores universidades del mundo

02/06/2025

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

30/05/2025

A directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, convida tanto a alumnado como a recentes titulados e tituladas a achegarse a estas feiras, e lembra que non é “unha actividade que implique a inversión da xornada enteira, basta con que se rexistren previamente na web, preparen o seu CV e se pasen a visitar aqueles postos que resulten do seu interese”. É, recalca, “unha oportunidade única en todo o curso académico e non todas as universidades teñen o privilexio de poder organizar” e que neste caso conta coa colaboración do Consello Social, Eures e o Campus da Auga.

Antes da celebración das feiras, as persoas participantes poderán preparar a súa candidatura nun dos obradoiros organizados con este fin. Ademais, as persoas interesadas poderán asistir, de balde e unha vez realizada a inscrición, ás actividades organizadas desde o Foro Talento-Fundamental.

Unha oferta adaptada ao alumnado de cada campus

Como explica a directora da Área de Emprego e Emprendemento “algunhas das empresas repiten en varios campus, pero moitas outras só acoden a un deles, adaptándose así a oferta de entidades ao perfil do alumnado e persoas tituladas en cada caso”. Nesta edición, a organización decidiu non organizar actividades formativas paralelas, poñendo así o foco no obxectivo da feira “que non é outro que dar a coñecer ao alumnado unha mostra moi importante da oferta laboral actual e permitirlles contactar directamente coas persoas representantes daquelas empresas e entidades que puideran acollelos como parte dos seus equipos de traballo, ben como estudantes de prácticas, ben como titulados e tituladas”, destaca Álvarez.

Neste sentido, a responsable da Área de Emprego e Emprendemento lembra que a asistencia a este tipo de feiras achégalle ao alumnado “moito máis valor do que ao principio poden pensar, xa que lles facilita o acceso directo a entidades do seu interese”. Recalca que é importante achegarse a falar cos responsables de recursos humanos e entregar currículos, “é unha carta de presentación excelente que hai que aproveitar”.

3 de abril, cita en Vigo e unha semana despois en Ourense

A primeira cita da xeira das feiras EmpregoInCampus deste 2025 será no campus de Vigo o vindeiro 3 de abril, entre as 10:00 horas e as 18:00 horas nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo. O alumnado interesado, que pode inscribirse a través desta ligazón, atoparase con empresas como Adecco, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Avícola de Galicia, Baltar Abogados, Banco de España, BDO Auditores, Codisoil, Decathlon, Deloitte, Forvis Mazars, Fundación Impulsarse, Garrigues, Grupo Profand, Occident Mediación ou Redegal, entre outros.

A seguinte semana, concretamente o día 9 de abril, EmpregoInCampus trasladarase ao campus de Ourense, con postos informativos e actividades no Pavillón universitario de deportes de 10:00 a 18:00 horas. Nesta cita, na que xa se poden inscribir, participarán empresas como Aceites Abril, Aertec Solutions, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Alén Space, Arias Avogados, Atelier Social, Balidea, Ceesg, Centro se Desenvolvemento Rural O Viso, Centro Penitenciario Pereiro se Aguiar, Codisoil, Coren, Gradiant, LexAuria, Ministerio de Defensa ou Uría Menéndez Abogados, entre outras compañías e entidades.

No que atinxe ao campus de Pontevedra, Álvarez avanza que a idea é “repetir a modalidade que se fixo o ano pasado, con mesas redondas sobre saídas profesionais en ámbitos específicos”. A cita será a finais do mes de setembro.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El Rallye Rías Baixas volverá a tomar el centro de Vigo con la ceremonia de salida

...

PorIván Dacal
02/06/2025
Fotos: Concello de Mos
Enfoque

Mos abre sus dos parques acuáticos y proyecta añadir más atracciones multiaventura

...

PorIván Dacal
02/06/2025
Enfoque

Ourense anuncia el contrato de la Navidad y descubre las calles que tendrán luces

...

PorIván Dacal
02/06/2025
Enfoque

Vigo recibe el 'ok' para su gran área de autocaravanas a tan solo 500 metros de la playa

...

PorMetropolitano
02/06/2025
Enfoque

La UVigo se consolida entre las mejores universidades del mundo

PorMetropolitano
02/06/2025

La Universidade de Vigo se sitúa en el top 3,8% de las mejores universidades del mundo con 71.8 puntos sobre 100

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X