Axentes da Policía Autonómica identificaron a 312 persoas durante esta pasada fin de semana nos 59 dispositivos e inspeccións organizados na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes fronte á COVID19. Ao abeiro destes controis, os axentes actuaron en seis concellos e procederon á interposición dunha decena de denuncias.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 6 e 8 de novembro para controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 24 dispositivos e 35 inspeccións nos municipios de Pontevedra, Vigo, Poio, Meis, Moaña e Cangas do Morrazo, que derivaron en 630 actuacións destacando especialmente nas dúas cidades, con 296 e 303, respectivamente.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 30 concellos, nos que que se rexistraron 87 dispositivos e 116 inspeccións, con máis de 550 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias. Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Un nuevo motivo para una escapada a Valença desde Galicia. El norte de Portugal inaugura unas nuevas pistas deportivas con exhibición incluida
Alertan de que la producción de las furgonetas K-9 de Stellantis en Turquía podría afectar a Vigo. Este era un "compromiso explícito y vinculante"
Los trabajadores aseguran que se acumulan las notificaciones judiciales obligando incluso a aplazar juicios
Los 13 informes cuyas facturas se pagaron entre 2009 y 2011 suman los 172.838 euros que ya había confirmado el Gobierno gallego
O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL