• Stellantis Vigo
  • Fiestas en Vigo
  • Festa do Pemento Guláns
  • Rampas Gran Vía
  • Arte urbano en Vigo
  • Navidad de Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Festa da Zorza
  • Festas Alivio Tomiño
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo acollerá por primeira vez o Encontro Nacional de Estudantes de Traducción e Interpretación

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/01/2024

O Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación, naceu en 2001 da man dunha alumna da Universidade de Salamanca que quería organizar un evento por e para  estudantes deste grao que servise para coñecerse, aprender e compartir. En 2024 esta cita recalará en Vigo por primeira vez na súa historia, e farao da man de Alba Carballal, Ana Doval, Melanie Varela e María Herrero, as catro estudantes que conforman o comité organizador.

Froito do seu esforzo, o campus de Vigo acollerá os días 18 e 19 de abril a vixésimo primeira edición deste encontro no que se agarda a participación de entre 400 e 500 estudantes procedentes das 34 universidades que imparten en España o grao en Tradución e Interpretación, das que só 17 son públicas.

Másnoticias

Este es el nuevo reto que propone un local de Vigo, si lo logras no pagas

12/09/2025

El cine al aire libre gratis regresa al centro de Vigo con doble sesión al anochecer

12/09/2025

As catro presentaron a candidatura da UVigo como sede do congreso na vixésimo edición do ENETI que tivo lugar en Salamanca e lembran como “o último día anunciaron que facultade sería a seguinte anfitrioa… e fomos nós! Fainos especial ilusión, porque é a primeira vez que se fai este evento en Vigo. Ao final, todo o esforzo tivo a súa recompensa”.

Explican que o evento, que naceu como encontro de estudantes, ten varias finalidades, “por unha banda, coñecer os compañeiros de Tradución e Interpretación de distintas partes do país e, por outra, atoparse con distintos profesionais da tradución para coñecernos, facer contactos e aprender uns dos outros. Con todo, cada edición adoita buscar innovar en certas cousas de interese para evitar caer en rutina e porque, ao final, ten que ser capaz de seguir o ritmo da evolución da TeI”.

Para a cita do mes de abril a organización agarda, atendendo ás cifras de edicións anteriores, entre 400 e 500 persoas e xa recibiron tanto propostas de presentacións e de charlas e obradoiros “súper interesantes relacionadas coa tradución audiovisual, a transcreación, ou tradución creativa relacionada co ámbito da publicidade, a tradución médica, a tradución xurídica…” Ademais, engaden, “algunha que outra eminencia tamén se está animando, e chégannos aos nosos oídos que hai bastante expectación ante o que saia desta edición”. Aínda que o prazo para presentar traballos xa está aberto, as inscricións para participar como asistente estarán abertas dende o 2 ata o 28 de febreiro.

Unha das grandes novidades desta edición será a LocJam, unha idea que naceu dende a organización e que consideran que pode ser “unha oportunidade magnífica para que todos os asistentes poidan darlle un intento á localización de videoxogos nunha contorna segura”.

As claves: organización e compenetración

Para Alba Carballal, encargada da xestión e a coordinación, Ana Doval, responsable de comunicación; Melanie Varela, coordinadora do comité de actividades e María Herrero, responsable de protocolo, están a ser uns meses moi intensos, compaxinando os seus estudos de grao coas esixencias propias de poñer en marcha un evento coma este.

Como elas mesmas recoñecen, "organizar un evento así é todo un reto e máis cando somos un equipo bastante reducido, pero temos unha grande coordinación e compenetración que nos está permitindo sacalo adiante. Estamos completamente comprometidas coa edición que se nos encargou e iso estanos permitindo adquirir e mellorar habilidades relacionadas coa organización de eventos, a xestión do tempo, etc. e mesmo nos permitiu ampliar a nosa rede de contactos".

Unha reivindicación das humanidades

Ao longo dos dous días que durará este encontro, as e os estudantes poderán analizar os retos da súa futura profesión, as perspectivas laborais ou o impacto de avances tecnolóxicos como a intelixencia artificial no seu desenvolvemento profesional. Neste contexto, no que semella que as humanidades van quedando cada vez máis relegadas a un segundo plano, as organizadoras consideran que en eventos como o ENETI “está a resposta ante a invisibilización ou desvalorización” destas disciplinas, “posto que nos expón e revaloriza ante o público xeral”. Neste sentido, recoñecen que na maioría dos casos, o público non pensa “na persoa que estivo detrás dese xogo de palabras da última película de Marvel, pero se ves que quen o traduciu vai dar unha ponencia na túa cidade, xa che pica un pouco a curiosidade de saber o que hai detrás… e atópaste cun mundo!”.

É por isto que as catro mozas reivindican a vertente humana da tradución e a interpretación e lembran que “as humanidades son a consecuencia lóxica do progreso da propia humanidade, sen elas non seríamos mellores que as máquinas” e pregúntanse se “pode unha máquina traducir un soneto, respectando a súa rima, estilo de escritura, variedade sociodialectal e mensaxe?."

Para elas a resposta é clara: “de momento, e no futuro máis próximo, dito escenario é imposible, polo que non deberíamos esquecer o potencial do ser humano e aprender de que somos capaces. Unha vez a xente saiba, ou máis ben, lembre, o valor que ten o propio ser humano, a situación pode mellorar exponencialmente”. Pero ademais desta firme defensa das humanidades, estas catro estudantes teñen tamén moi interiorizada a necesidade de loitar pola dignidade da profesión, e como elas mesmas explican, “pensamos que «facernos respectar» é a nosa responsabilidade, dende unha postura sindical que nos permita reivindicar unhas condicións laborais dignas. Agachar a cabeza e aceptar segundo que termos non é a solución aos problemas nos que se ten que enfrontar o noso gremio hoxe. Un gremio, por certo, moi corroborativo e sempre inclusivo”, conclúen.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El IPC subió en Galicia hasta el 2,5% en agosto, con la vivienda disparándose un 5,8%

...

PorEuropa Press
12/09/2025
Enfoque

San Juan, Día del Padre o Reconquista, estos son todos los festivos que se disfrutarán en Vigo en 2026

...

PorCarlos I. Castrillón
12/09/2025
Tren Turístico de Galicia (Foto: Xunta)
Enfoque

Dos trenes de Galicia compiten en los premios internacionales del turismo ferroviario

...

PorMetropolitano
12/09/2025
Enfoque

Un aparatoso accidente en la Gran Vía de Vigo provoca retenciones y obliga a desviar el tráfico

...

PorAlfredo Teja
12/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X