• Próxima apertura Vigo
  • Muerto A Guarda
  • Nuevo mercado Vigo
  • "Paraíso" de Galicia
  • San Xoán Poio
  • Tardeo Vigo
  • Precios Parque Acuático
  • Feria Libro Redondela
  • Miradores Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo convértese en emisora internacional para celebrar o Día Mundial da Radio

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
13/02/2023

“Como é ser reitor? Como se chega a ese posto? Cantos estudantes ten a Universidade de Vigo? Que podemos estudar aquí?”. Estas son só algúns exemplos das preguntas ás que respondeu este luns o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, na entrevista que lle realizaron Violeta e Berto, alumnos do Colexio Seis do Nadal de Vigo. Foi o arranque da celebración do Día Mundial da Radio, unha actividade organizada pola a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! e grazas á cal a sala 1 do edificio Miralles, xunto coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e a Radio Universitaria do Minho en Braga, así como múltiples radios locais de Galicia e o norte de Portugal (Caminha, Tui, Allariz, Fene, Burela, As Nogais...), se converteron por un día en emisoras Internacionais ás que asistiron centos de estudantes de diferentes niveis educativos a realizar e emitir os seus propios programas.

As emisións arrancaron ás 10:00 horas, ás 09:00 no caso de Portugal, e por diante quedaban horas de programación nas que se combinou a radio en directo coa emisión de arredor dun cento postcasts que foron chegando desde os diferentes centros educativos durante as últimas semanas. No caso do campus de Vigo, un dos nodos centrais da celebración, as emisións prolongaranse ata ben entrada a tarde. Os primeiros en participar foron as nenas e nenos do colexio vigués Seis do Nadal. Nerviosos pola situación, pois para a inmensa maioría era a súa primeira visita ao campus, non lle tremeu a voz á hora de pórse diante do micrófono.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Nenas e nenos que se converten en universitarios... “por un día”

“Iniciamos a programación especial coa que celebrar o décimo segundo Día Mundial da Radio”, subliñou Violeta, ao que o seu compañeiro Berto engadiu que “foi no ano 2011 cando a Unesco decidiu que se proclamase Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da delegación de España nese organismo”. Dado que a asociación Ponte... nas ondas! leva traballando no mundo da radio escolar desde 1995 uniuse desde o primeiro intre a esta iniciativa organizando diferentes actividades coas que celebrar esta efeméride, tal e como explicaron estes particulares xornalistas. “Ti cres que a estas alturas haberá alguén que non saiba que é Ponte... nas ondas? Pode haber alguén na China ou en Alaska polo que é mellor explicalo”, e así arrancou a explicación sobre a importancia de todo traballo posto en marcha pola asociación nestes 27 anos.

Tras esta presentación xeral, metéronse de cheo na entrevista ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, “como se dixeramos o director deste cole”, explicou Berto, quen bromeou con que esta visita ao campus os convertía en universitarios “por un día”. Pola súa banda o reitor pediulles que, se ben podían chamalo Manuel, prefería que lle chamasen Pachi. “Eu xoguei moito tempo ao baloncesto e esa era o meu alcume de guerra”, así arrancou unha entrevista, na que o reitor, ademais de lembrar o seu pasado como xogador de baloncesto, tratou de explicarlles ás nenas e nenos, tanto aos que estaban fisicamente no Miralles como aos que seguiron a entrevista a través do portal Escolas nas ondas, como é ser reitor. “Para alguén que vive a Universidade chegar a ser reitor é algo fantástico”, salientou, ao tempo que lles explicou que se trata dun cargo “que che dá a oportunidade de facer moitas cousas, de mellorar e construír o futuro”. Nesta liña, fíxolles fincapé en que “a Universidade ten que xogar un papel moi importante na sociedade, no senso de axudar a facer unha sociedade máis xusta, máis igualitaria, máis fraterna e na que o coñecemento que sae das nosas aulas e laboratorios axude a facer de Galicia un lugar máis próspero”.

Describiulles a UVigo como un lugar que acolle a preto de 20.000 estudantes, onde dan clases arredor de 1500 docentes en máis de 60 graos e 90 mestrados que se imparten nos tres campus. “Estamos entre as 600 mellores universidades do mundo e a nosa intención é seguir mellorando”, para o que, segundo lles explicou, se van tomar diferentes medidas, sobre todo no referido á captación de talento, tanto entre o alumnado como entre o persoal docente e investigador e entre o persoal de administración e servizos. “Eu non traballo só, teño un equipo moi grande que me axuda”, subliñoulles Reigosa, quen situou a igualdade e a internacionalización como dúas das principais “inquedanzas” nas que seguir traballando e mellorando.

Xunto ás nenas e nenos do Colexio Seis do Nadal, participaron tamén un numeroso grupo de estudantes do centro de educación especial Saladino Cortizo de Vigo, que participou por primeira vez nesta experiencia. “É unha actividade que lle foi moita ilusión pero, á vez, están moi nerviosos”, explicaba Conchi Martínez, mestra de programas formativos do centro que os acompañou á súa visita ao campus. “Este tipo de iniciativas son moi educativas. Na radio que temos na escola poñen música, fan programas… pero o de hoxe é unha algo distinto, especial”, recalcou a docente.

Estrea do tema musical Á Ponte

Nunha xornada conducida por Damián Alonso, actor de dobraxe e formador de Ponte… nas ondas! nos obradoiros que se levan a cabo nas escolas e centros de ensino medio, a celebración do Día Mundial da Radio incluíu tamén a estrea do tema musical e o videoclip A Ponte, realizado por diferentes artistas da lusofonía para Ponte... nas ondas! baixo a batuta da artista galega Uxía Senlle, colaboradora habitual da asociación quen, na presentación dos actos de celebración do Día Mundial da Radio, a pasada semana no edificio Redeiras explicou que a orixe desta letra xurdiu nunha gravación en Lisboa en 2010 á que asistíu, xunto a Sérgio Tannus, para cantar o “cantar galego” de Zeca Afonso co seu sobriño João Afonso, a primeira colaboración musical galego-portuguesa que xa fora emitida na xornada radiofónica do ano 2000. Xunto a Uxía Senlle participan na peza o brasileiro Chico César, a portuguesa Celina da Piedade, o mozambicano Cheny Wa Gune e a galega Ana Senlle.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Renfe incrementa desde este lunes los viajes entre Galicia y Madrid

...

PorEuropa Press
08/06/2025
Enfoque

Aparece muerto un hombre flotando en el mar en A Guarda

...

PorMetropolitano
08/06/2025
Enfoque

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X