• Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • La Vuelta
  • Proyecto turismo
  • Eclipse lunar
  • 120 años de bar
  • Celta 360
  • Reapertura vintage
  • Urbanismo Vigo
  • Festas do Cristo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo coordina a creación dun catálogo dixital de cursos para centros de ensino superior

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/02/2024

Socios de oito países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento dun proxecto europeo que ten como principal obxectivo a creación dun catálogo dixital de cursos para centros de ensino superior, unha medida coa que se busca que os estudantes potenciais, sobre todo aqueles interesados en facer unha mobilidade, se poidan informar de xeito doado sobre os destinos posibles, os recursos dispoñibles e a oferta de programas e cursos de cada un destes centros. Así o explicou este mércores no edificio Redeiras o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de atlanTTic Manuel Caeiro, líder do proxecto, ao inicio dunha xuntanza que contou coa participación da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, quen resaltou a importancia de incentivar todas as actividades que axuden a promover a mobilidade entre as universidades europeas, unha idea na que tamén fixo fincapé a directora de Área de Proxectos Internacionais Educativos, Eva Garea.

Bautizado como DACEM, Digitising Academic Catalogues for Enhanced Mobility, este proxecto foi aprobado na convocatoria de 2023 do programa Erasmus+ de Asociacións de Cooperación en Educación Superior e conta cun financiamento total de 400.000 euros, correspondéndolle á Universidade de Vigo a súa coordinación xeral. Entre os socios atópanse algunhas das universidades da rede ATHENA -Universidade de Maribor en Eslovenia e Universidade de Orleans en Francia-, así como a Universidade de Thessalias, en Grecia; Tallinn, en Estonia; Charles, na República Checa; a European University Foundation, de Luxemburgo; a European Students Network, con sede en Bélxica, e unha pequena empresa de Portugal vinculada co Politécnico de Porto (Virtual Campus).

Másnoticias

Foto: Chris Harwood / Shutterstock

Cómo ver en Galicia la "luna de sangre", el eclipse lunar total de este domingo

06/09/2025

Así reabrirá una tienda del centro de Vigo con una apuesta por las camisetas retro de fútbol

06/09/2025

Desde a UVigo participan no proxecto diferentes investigadores do grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos de atlanTTic, equipo especializado na prestación de servizos en distintas áreas de aplicación (e-goberno, e-learning, e-commerce, e-saúde, etc.), apoiados, neste caso, por persoal da Vicerreitoría de Internacionalización, dirixidos pola vicerreitora María Isabel Del Pozo.

En varios idiomas e con información actualizada

“Este é o primeiro proxecto Erasmus+ que estou coordinando, se ben con moitos de vós xa coincidín noutros traballos previos que saíron adiante con grande éxito, o mesmo que, agardo, aconteza con este”, salientou Caeiro, tras darlle a benvida a Vigo aos asistentes a un encontro “que será o primeiro de moitos de aquí a xullo de 2026”, data na que se dará por concluído o proxecto e para a que se agarda poder pór a disposición de todas as persoas interesadas un catálogo que se ofrecerá con código libre e dispoñible para o seu uso na nube.

Tal e como apunta o coordinador do proxecto, xa no ano 2015 se publicara a ECTS Users' Guide na que se indican os elementos que deberían incluírse nos catálogos que as universidades e outras institucións de educación superior publican da súa oferta educativa, pero, pesar de ter pasado xa case 10 anos, “o certo é que a información dispoñible na maioría de universidades europeas aínda dista moito do que se indica neste documento e do que os estudantes precisan á hora de tomar decisións sobre onde estudar”, explica Caeiro. Nesta liña, o docente indicou que son moitos os problemas que xorden cando se abordan este tipo de sistemas, entre eles, o traballo que supón publicar e manter actualizada todos os datos requiridos, sen erros e en varios idiomas, a interoperabilidade con outras ferramentas que fan uso deses datos incluídos no catálogo, os acordos de aprendizaxe (learning agreements), ou a posibilidade de poder comparar as ofertas de distintas universidades e a compatibilidade entre os estudos de orixe e de destino.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

La Xunta recibe una veintena de solicitudes de ayuda para la reconstrucción tras los incendios

...

PorEuropa Press
06/09/2025
Enfoque

Restaurante, hotel, spa y miradores, así es el proyecto para reformar una casa en Galicia

...

PorMiguel Alonso
06/09/2025
Enfoque

El "bar de pueblo" que ha llegado a los 120 años vive su jornada más especial en Mos

...

PorUxía Pérez
06/09/2025
Deportes

Las obras en Mos del proyecto Celta 360 van "incluso más rápido de lo esperado"

...

PorMiguel Alonso
06/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X