• Fiestas de Bouzas
  • Encuesta Elecciones
  • Alerta calor Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Uber Vigo
  • Conciertos Villa Solita
  • Tren histórico Vigo
  • Sondeo Problemas Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo e o Grupo Ribera renovan o convenio de adscrición e lanzan unha nova cátedra

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/02/2024

A Universidade de Vigo e o grupo sanitario Ribera acaban de asinar dous convenios de colaboración cos que renovar e impulsar a xa estreita colaboración entre ambas entidades. Trátase, por unha banda, da renovación do convenio de adscrición a dita universidade da Escola Universitaria de Enfermaría Ribera-Povisa e, pola outra, da creación dunha Cátedra en Innovación e Saúde. Os acordos serán presentados de maneira institucional en próximas datas, pero desde ambas entidades adiantan xa que se trata dunha colaboración "estratéxica" que permitirá a posta en marcha de múltiples iniciativas conxuntas, tanto no ámbito da docencia como da investigación.

No caso do convenio de adscrición é unha renovación do xa existente, asinado en xuño de 1991, debido ao cambio de titularidade de Povisa ao grupo Ribera Salud e a súa adaptación ás novas leis. Nesta liña, o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, destaca que o renovado documento establece o procedemento de acceso do persoal da EU de Enfermaría Ribera Povisa aos diferentes programas de formación que se imparten na Universidade de Vigo, “entre eles, os cursos para profesorado novel, obrigatorios para as novas figuras de profesorado axudante doutor”. Así mesmo, inclúese tamén o apoio e colaboración para o desenvolvemento da actividade investigadora do profesorado da escola, “o que permitirá a integración destes docentes nos grupos de investigación da UVigo e nos proxectos de investigación colaborativos entre ambas entidades de acordo coa lexislación vixente”, recalca o vicerreitor.

Másnoticias

Detenido en Vigo un ciclista que desobedeció una orden policial y se negó a hacer el test de drogas

02/07/2025
Foto: Cedida

Interceptan a una familia que pretendía viajar a las Illas Cíes con una pareja de periquitos

02/07/2025

"O labor do CPR de FP Povisa e da EU de Enfermaría Ribera-Povisa no noso centro de estudos en Vigo permítenos ofrecer unha formación da máxima calidade dende 1991, tanto a profesionais de Enfermaría como a técnicos superiores, e marca o camiño a seguir no futuro. No grupo Ribera, temos un firme compromiso coa docencia e a formación continua dos traballadores do ámbito sanitario e, nesta liña, este convenio abre novas posibilidades, tanto académicas como laborais, aos nosos profesionais. Como valor engadido, creamos novas sinerxías coa Universidade de Vigo, un pilar básico no progreso do benestar da sociedade", explica a conselleira delegada do grupo Ribera Elisa Tarazona.

Proxectos de investigación e innovación conxuntos

A nova Cátedra Ribera-Povisa en Innovación e Saúde traerá consigo a creación dun programa de desenvolvemento académico-profesional que, entre outras cuestións, axude á consecución do título de doutor aos docentes da Escola mediante a súa incorporación aos programas de doutoramento da UVigo. Ao tempo, tamén se tratará de desenvolver programas e actividades encamiñadas a potenciar o coñecemento e a utilización de novas técnicas e ferramentas coas que dotar ao alumnado e aos profesionais da Escola Universitaria de Enfermaría Ribera-Povisa de recursos de vangarda. A maiores, prevese que a Cátedra Ribera-Povisa dea tamén acubillo a posibles proxectos de innovación e liñas de investigación do ámbito sanitario relacionados cos diferentes programas de doutoramento.

“Precisamente, un dos obxectivos principais da cátedra é que os docentes de Enfermaría nun futuro acaden o título de doutor e, polo tanto, poidan participar en todas as actividades de investigación da Universidade, integrarse nos grupos que xa hai ou crear outros novos, disfrutar das axudas de investigación, de mobilidade, de doutoramento, etc.”, explica a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, ao que engade que con esta cátedra iniciaránse algunhas accións de proxectos, mobilidades, etc. para conseguir este obxectivo “o máis axiña posible”.

"En sanidade é indispensable a formación continua e a investigación, e coa cátedra Ribera-Povisa aumentan as oportunidades de estudo, e amplíase o potencial de avanzar e mellorar na atención sanitaria", engade Elisa Tarazona.

Temas: formaciónPovisaUniversidad de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Cedida
Enfoque

Interceptan a una familia que pretendía viajar a las Illas Cíes con una pareja de periquitos

...

PorEuropa Press
02/07/2025
ESCUDERÍAS RÍAS BAIXAS
Enfoque

El Rallye Rías Baixas tomará el centro de Vigo este jueves con la ceremonia de salida

...

PorIván Dacal
02/07/2025
Enfoque

Impulsan Vigo Social TV, una plataforma "para mejorar la calidad de vida" de las personas mayores

...

PorCarlos I. Castrillón
02/07/2025
Enfoque

¿Qué son las misteriosas mariposas que cubre una céntrica calle de Vigo?

...

PorAlfredo Teja
02/07/2025
Enfoque

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

PorMetropolitano
02/07/2025

O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X