• Tiendas Vialia Vigo
  • Bolo-Rei
  • Superviguesa
  • Ikea Vigo
  • Navidad barrio Vigo
  • Pasarela Rías Baixas
  • Reservas Navidad
  • Redondela Navidad
  • Pisos Porriño
  • Tui cultural
  • Celta y UVigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo, entre as 300 universidades máis verdes a nivel mundial

A UVigo, entre as 300 universidades máis verdes a nivel mundial
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/05/2024

Debater sobre como as universidades poden responder de maneira efectiva os retos da sostibilidade e explorar oportunidades para a innovación conxunta e a transferencia de boas prácticas entre universidades e cara a sociedade. Estes son os dous principais obxectivos co que este venres se celebrou en Vigo o I Encontro nacional das universidades españolas pola sostibilidade, unha xuntanza en liña organizada pola UVigo na que se contou coa participación dalgúns dos principais responsables do GreenMetric University Ranking, un dos máis prestixiosos a nivel internacional que avalía a sustentabilidade ambiental de máis de 1000 centros de ensino superior de todo o mundo.

O encargado de abrir a xuntanza foi o reitor, Manuel Reigosa, quen, ademais de darlles a benvida, remarcou a importancia “deste tipo de encontros nos que compartir experiencias e ideas sobre cara onde debemos camiñar para conseguir universidades cada vez máis sostibles”. Xunto a el compartiron espazo, no edificio Redeiras, o director da nova Oficina de Servizos Enerxéticos, o profesor Camilo J. Carrillo; a directora da Oficina de Medio Ambiente, Delfina Couce, e o profesor da Universidade de Vigo Xavier Labandeira, director do centro de investigación Ecobas, que foi o encargado de impartir a charla inaugural do encontro.

Másnoticias

El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

24/11/2025
La UVigo se prepara para surcar los mares con su nuevo buque e iniciar misiones científicas

La UVigo se prepara para surcar los mares con su nuevo buque e iniciar misiones científicas

21/11/2025

Compromiso ambiental de máis de 1.000 universidades de 84 países

En nome do GreenMetric University Ranking, contouse coa participación de dous dos seus responsables, docentes ambos da Universidade de Indonesia, a profesora Riri Friti Sari, e o vicepresidente da clasificación, o doutor Junaidi Junaidi. Ambos explicaron en detalle as características desta clasificación, “un ránking mundial que busca inspirar as institucións académicas porque todas e cada unha de elas ten cousas que ensinar e das que todas as demais poden aprender”, deste xeito destacaron a importancia de “traballar xuntos para lograr lugares mellores e poder así deixarlles ás xeracións futuras campus máis verdes”.

O doutor Junaidi explicou en detalle a historia do ránking e as principais categorías que avalía. Trátase, tal e como foi explicando, dunha iniciativa desenvolvida pola Universidade de Indonesia desde 2010 e que clasifica as universidades de todo o mundo segundo o seu compromiso e desempeño en sostibilidade e xestion ambiental. “A idea é incentivar ás universidades a desenvolver políticas ambientais efectivas e mellorar a sostibilidade nos seus campus”, recalcou Junaidi.

Na edición de 2023 participaron no ranking 1183 universidades de 84 países, 29 delas españolas. Cada unha delas foi avaliada tendo en conta seis categorías: infraestruturas, que avalía os espazos amigables co medio ambiente da universidade, incluíndo a xestión de edificios sostibles e o uso de espazos verdes; enerxía e cambio climático, centrada no uso da enerxía renovable, a eficiencia enerxética e as políticas relacionadas coa redución da pegada de carbono; xestión de residuos; uso da auga; transporte e educación, e, por último, investigación en sostibilidade, onde se considera a incorporación da sostibilidade na docencia e na investigación, así como a promoción da conciencia ambiental entre o estudantado e o persoal.

A UVigo rebaixou un 30% a súa pegada de carbono en só tres anos

Nesta última edición do ránking a Universidade de Vigo acadou o posto 252, situándose entre as 300 universidades máis verdes a nivel mundial. A nivel europeo acadou a posición 74 de 295 e o 12 de 29 a nivel español. “Dende o 2008 a UVigo aumentou nos seus indicadores, sendo este incremento superior o 20% no cómputo global”, explicou Camilo Carrillo, que destacou como especialmente relevante o crecemento na área de Educación e Investigación (mais dun 40%), na xestión de residuos e nas infraestructuras (máis dun 30%). “A integración da UVigo neste indicador serve como motor para aumentar a sustentabilidade dos campus, cuxa pegada de carbono se rebaixou preto dun 30% nos últimos tres anos”, engadiu o responsable da Oficina de Servizos Enerxéticos.

A nivel español encabeza o ránking a Universidade Complutense de Madrid (posto 35 a nivel mundial); a Universidade de Granada (posto 61 mundial) e a de Alcalá (posto 79). As tres participaron neste xuntanza, xunto con representantes das tres universidades galegas.

Solucións para a sostibilidade

Na charla inaugural o director de Ecobas, Xavier Labandeira, puxo o acento no lado económico de todas estas cuestións. Salientoulle ás persoas asistentes, profesionais con diferentes responsabilidades no eido da sustentabilidade nas súas universidades, do papel do mundo académico na busca de solucións para a sostenibilidade e tamén da importancia de que o coñecemento universitario se transfira á sociedade.

“Os economistas temos dito bastantes cousas en todos estes ámbitos e penso que unha das nosas achegas máis relevantes son os denominados prezos/impostos ambientais ou elementos similares como os mercados de dereitos de emisión”, explicou o investigador, quen defendeu a utilidade de todos estes elementos para defender a sostenibilidade, tamén desde as universidades. “No que se refire ás políticas medioambientais, centrándonos sobre todo en termos de descarbonización en 20 anos, é imposible pensar que imos conseguir os obxectivos que temos, tan ambiciosos e tan afastados nestes momentos, sen o uso deste tipo de instrumentos”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Ikea abrirá una nueva tienda en Vigo con colecciones inéditas y línea gastronómica
Enfoque

Ikea abrirá una nueva tienda en Vigo con colecciones inéditas y línea gastronómica

...

PorMetropolitano
24/11/2025
Muere un operario en un astillero en Vigo al caerle la carga de un camión encima
Enfoque

Piden prisión para tres responsables de un astillero de Vigo por un accidente mortal

...

PorEuropa Press
24/11/2025
Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias
Enfoque

Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias

...

PorCarlos I. Castrillón
24/11/2025
Un barrio de Vigo se une para crear su propio 'jardín navideño' con luces y un árbol de 20 metros
Enfoque

Un barrio de Vigo se une para crear su propio 'jardín navideño' con luces y un árbol de 20 metros

...

PorSara Rodríguez
24/11/2025
El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia
Enfoque

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

PorUxía Pérez
24/11/2025

El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X