• Agresión sexual Vigo
  • Maternidad
  • Vicio abre en Vigo
  • Parques acuáticos Portugal
  • Fiestas Rodeiro
  • Pazo Ribeira Sacra
  • Terrazas en Vigo
  • Campo Lameiro
  • Rías Baixas
  • Nigrán Altri
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo lanza un libro de banda deseñada “como homenaxe á nosa prezada lingua"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/07/2024

De ser a lingua falada por toda a poboación na Idade Media a desaparecer dos rexistros formais nos Séculos Escuros; do renacer do Rexurdimento á persecución durante a Ditadura. Os fitos máis importantes da historia da lingua galega recóllense nun libro de banda deseñada que acaba de ser publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo como “unha homenaxe á nosa prezada lingua e unha invitación a unha urxente concienciación”. Como explica a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, a idea é “aproximarnos, dun xeito visual e accesible, á historia da lingua galega” e, para iso, seleccionáronse unha serie de fitos “que consideramos fundamentais na súa evolución, desde o seu nacemento ata a actualidade” e que a propia lingua, coma se fose unha persoa, vai relatando a modo de lembranza. En realidade, as palabras son moi escasas “porque o protagonismo desta publicación reservámolo para as imaxes que dun xeito maxistral elaborou Idoia de Luxán”, destaca a vicerreitora.

Doce séculos dunha lingua

Como explica a vicerreitora Susana Reboreda, “o percorrido da nosa lingua, desde o seu nacemento, pode equipararse a unha montaña rusa; nel sucédense, sen solución de continuidade, épocas de esplendor e momentos de crise. Son moitos séculos nos que o galego sobreviviu como un dos símbolos máis importantes e representativos da nosa cultura, que nos singulariza e identifica con respecto ao resto dos territorios”.

Másnoticias

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

30/05/2025

A Facultade de Comercio despide o seu referente, compañeiro e amigo, Patricio Sánchez Bello

28/05/2025

O volume arranca coa lingua presentándose como filla do latín, nada entre o século IX e o XII e relatando como tivo unha marabillosa infancia na que estivo presente en todos os eidos da vida. Lembra como “na Idade Media era a lingua falada por toda a poboación”, como apareceron os primeiros textos escritos e como o galego era a lingua das cantigas, “non había un trobador nin un xograr que non contase comigo tanto en Galicia como en Francia ou en Castela”. Pero esa infancia feliz deixou paso a unha época de “tristura”, na que o galego, sen apoio institucional, foi cedendo terreo a favor do castelán entre os séculos XIII e XV ata que Alfonso X decretou este último como única lingua oficial da súa corte. Comezaban os Séculos Escuros, nos que o galego desaparece dos usos formais e escritos, ata que volve ter unha raiola de esperanza da man dos ilustrados Frei Martín Sarmiento ou o Padre Feijoo. Prosigue o relato xa poñendo o foco na súa “volta á vida” con Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, un Rexurdimento no século XIX que permitiu a recuperación do galego na literatura e un novo esplendor a comezos do século XX, que foi interrompido pola Guerra Civil e a Ditadura, que paralizaron o proceso galeguizador precedente. A lingua converteuse en clandestina, cos seus grandes defensores mortos, presos ou no exilio. Foi precisamente do outro lado do Atlántico onde se mantivo o centro da cultura galga ata que se recuperou a democracia e o galego converteuse oficialmente na lingua de Galicia. Con todo, o relato remata coa protagonista un pouco “desilusionada” porque “cada vez contan menos comigo, sobre todo a rapazada” e é por iso que culmina cunha demanda clara á cidadanía: “Espalládeme con orgullo”.

A cultura, unha porta ilusionante

Precisamente, coa vista posta na actualidade e na baixa porcentaxe de galegofalantes, sobre todo nas xeracións máis novas, a vicerreitora de Extensión Universitaria pon o foco “nunha porta ilusionante”, a do mundo da cultura que neste século XXI “está amosando o inicio dunha época dourada. O cine, a música, a literatura e a banda deseñada están en moitas ocasións empregando o galego como idioma, o que dá a coñecer a nosa cultura moito máis alá do territorio autonómico. O número de premios e de recoñecementos nacionais e internacionais recibidos son a evidencia da súa gran calidade. E curiosamente neste contexto cultural en galego predomina a xente nova, que podería erixirse como ese relevo xeracional que tanto precisamos”. Na súa opinión, este é “un raio de esperanza que pode reconverter a situación, pero cada galega e cada galego debemos concienciarnos da importancia do compromiso que necesariamente debemos adquirir coa nosa lingua, xa que se esta non permanece, dificilmente o fará a nosa fermosa e singular cultura”.

As persoas interesadas en obter un exemplar poden solicitalo na Área de Normalización Lingüística, que tamén os distribuirá en eventos e actividades organizados pola institución.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Confirman que la torre remota del aeropuerto de Vigo es igual de segura que una torre convencional

...

PorMetropolitano
01/06/2025
Enfoque

Confirmada la detención de tres personas por la presunta agresión en unas fiestas de Vigo

...

PorMetropolitano
01/06/2025
Cientos de personas durante una nueva protesta contra Altri, a 1 de junio de 2025, en Pontevedra // EP
Enfoque

Miles de personas claman en Pontevedra contra Ence la instalación de Altri en Palas de Rei

...

PorMetropolitano
01/06/2025
Enfoque

Nigrán expresa su rechazo a Altri con una gran pancarta en el Parque Forestal "Os Matos-Río Táboas"

...

PorMetropolitano
01/06/2025
Enfoque

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

PorMetropolitano
30/05/2025

A visita de 240 escolares abriu un evento que continúa pola tarde

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

29may(may 29)17:45Feria del Libro en O PorriñoFERIA | O PORRIÑO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X