• Plan Tráfico Navidad
  • Encendido Navidad Vigo
  • Photocall O Porriño
  • Alameda Vigo
  • Belén Monumental
  • Fiestas gastro Galicia
  • Casa Ribeira Sacra
  • Planes finde
  • Guía Navidad Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo ofrece un relatorio gratuito da astrónoma e enxeñeira afgana Amena Karimyan

A UVigo ofrece un relatorio gratuito da astrónoma e enxeñeira afgana Amena Karimyan
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/03/2023

En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel, preocupada pola situación de Amena, á que coñecera a través da coordinadora nacional de divulgación da astronomía da Unión Astronómica Internacional. “Desafortunadamente xa estivera baixo ameazas antes dos talibáns e despois de que tomasen o poder, Afganistán xa non era o meu lugar. Marchei por non danar ao meu pai, que morreu o ano pasado dun derrame cerebral, baixo unha gran presión”, explica Amena Karimyan, que actualmente vive en Alemaña, logo de que o seu goberno a aceptase como refuxiada política.

Graduada pola Universidade de Herat en enxeñaría civil, antes de ter que marchar de Afganistán con 24 anos, Amena Karimyan traballara no seu municipio no UN-Habitat, un programa da ONU para a promoción de asentamentos humanos social e ambientalmente sostibles, co obxectivo de proporcionar vivendas axeitadas á cidadanía. “Tamén fun defensora voluntaria dos dereitos civís, das mulleres e dos nenos e fundei en 2018, xunto a Sohail Karimi, o grupo astronómico Kayhana, co obxectivo de ensinar astronomía a mulleres e nenas”, detalla Amena, que o vindeiro mércores 22 de marzo ofrecerá un relatorio no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. "Astronomía para manter o alento da ciencia" (Astronomy to Keep the Breath of Science) é o titulo da conferencia que a astrónoma afgá, ofrecerá en farsi, con interpretación ao español, e na que Amena Karimyan achegará ás persoas asistentes o seu testemuño en primeira persoa sobre Afganistán, un país sen astronomía académica e o que o grupo astronómico Kayhana está a achegar para difundir esta ciencia entre mulleres e nenas do país. A astrónoma afgá chegará a Vigo, procedente e Madrid, e logo continuará a súa xeira de relatorios en A Coruña, Pamplona e Donostia.

Másnoticias

Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina

Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina

15/11/2025
atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións

atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións

14/11/2025

A astronomía, “o meu pan e a miña auga”

Enxeñeira civil de formación, Amena Karimyan recoñece abertamente o seu “amor e afecto” pola astronomía. “Vivín e respirei a astronomía, é a miña preocupación, o meu pan e a miña auga, o meu soño e a miña vixilia. Teño unha estraña sensación de pertencer á astronomía”, asegura, quen é unha das pioneiras desta ciencia en Afganistán, país que carece de ensino a ningún nivel desta disciplina académica, totalmente descoñecida entre a poboación.

Foi precisamente o desexo de difundir a astronomía entre a poboación máis vulnerable e que máis difícil tiña o acceso á educación, as nenas e as mulleres, o que impulsou a Amena Karimyan a crear, xunto a Sohail Karimi, e outras dúas persoas que pronto abandonaron, a asociación Kayhana. “Busquei durante anos persoas entusiastas da astronomía, pero non puiden atopalos. A astronomía e a tecnoloxía son necesidades de toda a humanidade e non quero que o meu país quede atrasado. Por iso estou disposta a loitar a morte para continuar” asegura categórica a astrónoma.

Amena Karimyan destaca algúns dos logros acadados pola asociación, como gañar, en 2021, o proxecto #telescope4all da International Astronomical Union, aínda que lamenta amargamente a falta de apoio para unha iniciativa que “se converteu en luz e esperanza no mundo escuro de mozas e nenas afgás, un centro científico que continuou as súas actividades incluso nos momentos máis complicados”, relata. Coa súa actividade, Kayhana fixo posible que Afganistán se familiarizase coa astronomía, “moitos ollos están postos en nós. Iso é unha boa sensación, pero unha gran responsabilidade e carga”, asegura. A astrónoma e fundadora de Kayhana lanza unha mensaxe de alento ás mulleres e nenas do seu país ás que pide que “non desesperen, non quero que desperdicien as súas vidas e medren sen destino coa tortura e a morte, sabendo que merecen as mellores condicións para adquirir coñecementos”. Á comunidade internacional, Amena Karimyan solicítalle apoio para Kayhana e para as nenas e mulleres afgás, “que non as deixen soas nese mundo de opresión, ignorancia e falsedade”.

Ana Ulla, “unha científica incriblemente amable”

Amena Karimyan agradece e recoñece o interese que Ana Ulla manifestou por ela cando se produciu a caída de Afganistán a mans dos talibán no ano 2021. “Eses días moitas persoas querían axudar, recibía máis de 20 correos ao día de xente de diferentes países que quería acollerme. Desas só me quedan a miña amiga xornalista Evelyn Schalk e Ana. Nunca esquecerei os seus esforzos”, asegura. Amena, que se refire a Ana Ulla como “unha científica incriblemente amable”, lembra que lle gustoue especialmente a primeira vez que lle fixo unha videochamada. “Falou unhas palabras en persa, gustoume. Ana é unha desas persoas que son moi raras no mundo”, afirma.

Temas: astronomíaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo pide retomar el trasvase y la construcción de una nueva presa
Enfoque

El Concello pide el cambio inmediato de las válvulas de Eiras y la Xunta pide una reunión el martes

...

PorEuropa Press
15/11/2025
Descarrila un tren de mercancías de As Neves y su maquinista queda atrapado
Enfoque

Descarrila un tren de mercancías de As Neves y su maquinista queda atrapado

...

PorCarlos I. Castrillón
15/11/2025
Arranca la Navidad de Vigo con un mensaje para Palestina y un cortocircuito que casi arruina el encendido
Enfoque

Arranca la Navidad de Vigo con un mensaje para Palestina y un cortocircuito que casi arruina el encendido

...

PorCarlos I. Castrillóny1 Otros
15/11/2025
Galería de fotos | Las fotos que resumen el Encendido de la Navidad de Vigo 2025
Enfoque

Galería de fotos | Las fotos que resumen el Encendido de la Navidad de Vigo 2025

...

PorIván Dacal
15/11/2025
Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina
Enfoque

Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina

PorEuropa Press
15/11/2025

Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X