• Halloween Rías Baixas
  • Ruta Vigo Samaín
  • Magosto Vigo
  • Balaídos Mundial 2030
  • Ruta gratis Nigrán
  • Espectáculo Navidad
  • Alta Velocidad
  • Rodaje en Vigo
  • Plan saludable Valença
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo organiza na cidade unha reunión anual con persoal investigador de nove países europeos

A UVigo organiza na cidade unha reunión anual con persoal investigador de nove países europeos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/06/2023

Un total de 22 investigadoras e investigadores de nove países europeos participan na reunión anual do proxecto Glaukos, que se celebra este martes e mércores no Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia en Vigo.

Persoal do Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo, organiza o encontro no que se presentan os últimos avances do proxecto que, no marco da convocatoria Horizonte2020, busca solucións circulares para a industria téxtil. Concretamente, o laboratorio de Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña (Ecotox), liderado por Ricardo Beiras, catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e investigador do CIM, é o único representante español nesta iniciativa que ten por obxectivo desenvolver fibras e revestimentos téxtiles biodegradables e biorreciclables para as artes de pesca e a roupa.

Másnoticias

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

14/10/2025
La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

13/10/2025

Dende Ecotox desenvolveron un método máis rápido para a valoración mariña da biodegradabilidade e ecotoxicidade dos microplásticos no laboratorio e en mesocosmos. A inmensa maioría dos aditivos e recubrimentos ecolóxicos de aparellos de pesca e téxtiles son derivados do petróleo, polo que un dos obxectivos finais do proxecto Glaukos é producir recubrimentos cun contido de base biolóxica mínimo de polo menos un 30%, o que representaría un grande avance neste campo.

Para iso, o persoal investigador do CIM deseñou un sistema de análise dos materiais que comprende tres ensaios distintos: test de biodegradación, test de degradación mecánica e test de ecotoxicidade. Segundo o resultado dos mesmos, poderíase clasificar un material como amigable ou non co medio mariño. Ademais, estes tests poden extrapolarse a outros plásticos e usarse en diferentes análises de materiais. Desta forma, avánzase na estandarización dos métodos para avaliar a biodegradabilidade e ecotoxicidade dos microplásticos en medios mariños.

A finalidade última é diminuír drasticamente a contaminación por plásticos do océano, xa que as artes de pesca abandonadas, perdidas ou descartadas representan aproximadamente o 27% de todo a lixo mariño atopado nos mares europeos, preto de 11.000 toneladas anuais que entran no medio mariño cada ano. Aos restos de redes e outros aparellos súmanse as fibras sintéticas das que está feita gran parte da roupa, que son tamén unha fonte principal de contaminación por microfibra nos ambientes mariños, xa que o uso e o desgaste das prendas fan que as fibras acaben no mar.

Traballando desde 2020

O proxecto, iniciado en 2020 e con catro anos de duración, ten un orzamento total de 4,8 millóns de euros, dos que a Comisión Europea financia 4,1 millóns a través da Bio-Based Industries Joint Undertaking (BBI JU), unha entidade público-privada entre o programa H2020 da UE e Bio-based Industries Consortium (BIC). A subvención que lle corresponde á UVigo é de 411.500 euros. O consorcio está coordinado pola entidade belga Bio Base Europe Pilot Plant e del forman parte empresas, asociacións, clústers, centros de investigación e universidades de Bélxica, Países Baixos, Dinamarca, Alemaña, Eslovaquia, España, Suíza, Italia e Turquía.

Temas: contaminaciónUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo
Enfoque

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

...

PorEuropa Press
14/10/2025
Vigo anuncia la instalación de "una grúa gigantesca" para avanzar en la construcción de Gol en Balaídos
Enfoque

Balaídos, ¿a un paso del Mundial 2030? "Estamos en la expectativa de que ya se nomine a Vigo"

...

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025
La alcaldesa de Moaña, tras el bronco pleno de subida de la basura: "Tenían intención de agredirnos"
Enfoque

La alcaldesa de Moaña, tras el bronco pleno de subida de la basura: "Tenían intención de agredirnos"

...

PorUxía Pérez
14/10/2025
La Xunta corona a los 33 "concellos hermosos" de Galicia entregando estas banderas verdes
Enfoque

La Xunta corona a los 33 "concellos hermosos" de Galicia entregando estas banderas verdes

...

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo
Enfoque

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025

Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X