• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/03/2023

As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.

Trátase da primeira vez que este encontro se celebra en Galicia desde a súa posta en marcha no 2015, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao. Pensadas para o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da ciberseguridade entre académicos, investigadores e empresas, as xornadas centraranse nesta ocasión en tres eixes: investigación, transferencia e formación en ciberseguridade.

Másnoticias

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

09/05/2025

Inventos de Vigo que cambian la vida, de detectar baches a una app para buscar objetos perdidos

08/05/2025

Máis de 70 proxectos con selo vigués

“A ciberseguridade constituiuse como unha das sinais de identidade de atlanTTic desde a súa fundación no 2010”, afirma o director de atlanTTic, Martín Llamas Nistal, quen explica que desde este centro de investigación se teñen desenvolvido 27 proxectos, oito deles europeos, neste ámbito, “ademais transferiuse o coñecemento xerado ao tecido económico, impulsando a súa competitividade e levado con éxito os seus resultados ao mercado, posicionándose como referentes internacionais nas últimas tecnoloxías en ciberseguridade”.

No caso de Gradiant, o seu director, Luis Pérez-Freire, fai fincapé en que nos últimos anos desenvolveron máis de 45 proxectos no ámbito da ciberseguridade. “Hoxe 30 dos nosos 160 profesionais están dedicados a xerar innovacións e solucións de ciberseguridade. Para nós organizar estas xornadas é un impulso para seguir medrando neste ámbito”, afirma Pérez-Freire.

Poranse en valor os mellores retos prácticos

Desde o seu lanzamento, este encontro consolidouse como o foro científico-técnico para a presentación das principais contribucións no ámbito da ciberseguridade. Nesta edición, ademais da valoración dos traballos de investigación máis destacados, púxose en marcha unha iniciativa para poñer en valor os mellores retos en ciberseguridade desde un punto de vista práctico. O envío de artigos para valoración pode facerse ata o día 31 de marzo e ata o 31 de abril en caso dos retos. Por outra banda, as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a partir do 10 de abril.

Ademais do apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, a organización das xornadas conta tamén coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Nodo Galego de Ciberseguridade Ciber.gal, a Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade (RENIC), Optar Solutions, ViewNext e a Cátedra R en Ciberseguridade.

Temas: CiberseguridadeUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El edificio de Galerías Durán, en Vigo, se reformará al completo emulando una cascada de agua

...

PorÁngel Vila
11/05/2025
Enfoque

Cinco personas de Ponteareas acaban en el hospital por la mala combustión de un calentador

...

PorEuropa Press
11/05/2025
Enfoque

La Brincadeira deja espectaculares imágenes aéreas de Bouzas a vista de dron

...

PorPaula Carballo
11/05/2025
Enfoque

Luisa Sánchez: "Vigo tendrá este verano un festival de dos días, lo demanda la ciudad"

...

PorÁngel Vila
11/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X