• Obras en Balaídos
  • Fecha nuevas rampas
  • Piscina Teis
  • Gastronomía Vigo
  • Impuestos Vigo
  • Fiesta O Porriño
  • Obras plató rodaje Galicia
  • Ikea Vialia
  • Fiesta Aguardiente
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo potencia a súa estratexia para consolidar carreira investigadora de excelencia

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/05/2024

Desde que a UVigo decidiu en 2016 seguir a recomendación da Comisión Europea de implementar a Carta Europea do Investigador e o Código de Conduta para a contratación de investigadores, a institución non deixou de avanzar na posta en marcha dunha estratexia de recursos humanos para o seu persoal investigador. En 2017 obtivo a acreditación do selo HRS4R, un distintivo de excelencia que identifica as institucións que xeran e apoian a existencia dunha contorna estimulante e favorable ao traballo do persoal investigador. En 2023 renovou este selo e, na actualidade, segue a traballar na mellora dos estándares implantados.

Dentro desta mellora continua dos procedementos relacionados co desenvolvemento da actividade do PDI, a UVigo elaborou unha ferramenta para axudar o persoal investigador, dunha forma visual, rápida e completa, a comprender as posibilidades e oportunidades que lles ofrece o mercado laboral e o sistema público e privado de investigación e poder así planificar a súa carreira investigadora. Como explica a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, “trátase dunha infografía na que se identifican as distintas axudas que pode solicitar a persoa investigadora en cada momento da súa carreira, en base ao marco europeo da carreira investigadora (R1-R4)”. Este documento Traxectoria profesional investigadora na UVigo dunha ollada! (1ª edición) inclúe ademais as ligazóns nas que se pode ampliar información sobre cada unha das convocatorias e inclúese tamén información sobre outras opcións profesionais alternativas postacadémicas.

Másnoticias

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

01/08/2025

El Gobierno anuncia una ayuda de 7,5 millones para la UVigo para fortalecer su área de fotónica

31/07/2025

O documento é unha adaptación do Research Career Path in Spain at a glance, que a FECYT elaborou para todo o sistema investigador nacional, mostrando de forma clara o progreso e evolución da carreira académica investigadora, detallando en cada paso as oportunidades de financiamento existentes, tanto a nivel galego como estatal e internacional, e no que se incorporaron as axudas propias que a Universidade de Vigo ofrece tanto na etapa predoutoral como na convocatoria de retención do talento para posdoutorais. Neste sentido, a vicerreitora salienta que “somos das poucas universidades que temos este tipo de convocatoria de retención de talento”.

European Framework for Research Careers

Nesta liña, desenvolveuse tamén outra infografía para axudar o persoal investigador a comprender o European Framework for Research Careers, un marco común europeo de normalización que distingue e describe catro perfís xerais sobre o desenvolvemento profesional dos investigadores (R1-R4). Esta clasificación define as habilidades en cada etapa, tanto para o sector público como para o privado, que se inicia coa formación do persoal investigador no doutoramento, e continúa con posteriores niveis de desenvolvemento asociados ao grao de independencia investigadora e que son válidos para calquera sector en particular (universidades, institutos de investigación, empresas...)

Esta información reflectiuse de forma visual e esquemática na infografía Carreira investigadora. Perfís de investigación cos mesmos códigos visuais de cores que na infografía anterior, para facilitar a comprensión de toda a información.

Política de OTM-R

Por outra banda, dentro das accións previstas na estratexia de recursos humanos de investigación da Universidade de Vigo, no mes de decembro o Consello de Goberno aprobou a política de OTM-R da UVigo (Open, Transparent and Merit-based Recruitment), para a contratación de investigadores aberta, transparente e baseada en méritos, que é un dos piares da Carta Europea de Investigadores e, en particular, do Código de Conduta para a Contratación de Investigadores, publicado en 2005. Así, en todas as convocatorias de persoal investigador que se realizan dende a Unidade de Contratación de Persoal Investigador figuran claramente os requisitos esixidos, xunto coa comisión xulgadora, que se publican na plataforma europea Euraxess.

Para a vicerreitora de Investigación, a contratación OTM-R achega “beneficios aos investigadores, ás institucións e ao sistema de investigación dun país. Fai que as carreiras de investigación sexan máis atractivas, garante a igualdade de oportunidades para todos os candidatos e facilita a mobilidade”.

118 investigadores visitantes no ano 2023

A UVigo tamén desenvolveu un regulamento para acoller persoal nacional ou internacional procedente de calquera entidade de investigación pública ou privada que pretenda realizar unha estadía asociada a unha actividade investigadora na institución olívica. Ademais deste regulamento, desenvolveuse un paquete de benvida na web para axudar antes, durante e trala estadía o persoal investigador. Desde que se implantou no ano 2020 foise incrementado o número de investigadores que visitaron a Universidade de Vigo, con 118 persoas no ano 2023 e como sinala Rubio, “tras unha enquisa, maioritariamente consideraron moi satisfactoria a visita e a acollida na UVigo”. Para a vicerreitora, isto tamén axudará a “acadar máis éxito nas convocatorias de captación de talento como a Beatriz Galindo ou o programa Atrae a nivel nacional, ou as propias da Universidade nas que captamos investigadores de moi alto nivel, ao facer cada vez máis atractiva a nosa Universidade con centros de investigación da rede CIGUS ou colaborativos que xa empezan a ser coñecidos a nivel internacional: atlanTTic, CINBIO, CIM, Cintecx e Ecobas”.

En resumo, a vicerreitora recalca que a Universidade de Vigo continúa implantando os estándares europeos de investigación da Carta Europea do Persoal Investigador e do Código de Conduta para a Contratación do Persoal Investigador (C&C), e mellorando o Plan de Acción do Programa HRS4R co que está comprometida. En conxunto, estas medidas fan da UVigo unha Universidade máis atractiva para acoller persoal investigador e para captar e desenvolver proxectos de investigación punteira”. Entre os próximos obxectivos do programa HR, avanza Rubio, “está converternos nun centro de referencia Euraxess cun apoio máis extenso e global a todo o persoal investigador que chegue á Universidade da Vigo”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Fotos: Adrián Irago y cedida
Enfoque

Cortada la carretera entre Baiona y Oia por el incendio de Mougás

...

PorPaula Carballo
22/08/2025
Imagen de Archivo
Enfoque

Amenaza a su mujer en Vigo con un cuchillo tras revisar su teléfono móvil

...

PorEuropa Press
22/08/2025
Enfoque

Caballero pone fecha al estreno de nuevas rampas del Vigo Vertical en el centro de la ciudad

...

PorCarlos I. Castrillón
22/08/2025
Enfoque

Critican "otro sablazo" en los impuestos de Vigo y acusan a Caballero de "voracidad recaudatoria"

...

PorMetropolitano
22/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X