• Tiendas Vialia Vigo
  • Bolo-Rei
  • Superviguesa
  • Ikea Vigo
  • Navidad barrio Vigo
  • Pasarela Rías Baixas
  • Reservas Navidad
  • Redondela Navidad
  • Pisos Porriño
  • Tui cultural
  • Celta y UVigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo presenta a súa oferta académica a máis de 1000 estudantes de institutos de Vigo e a súa área

A UVigo presenta a súa oferta académica a máis de 1000 estudantes de institutos de Vigo e a súa área
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/02/2025

Dende primeira hora da mañá deste mércores, á xa habitual vida académica do campus de Vigo sumáronse máis de 1000 mozos e mozas de institutos de Vigo e a súa contorna. Todas e todos eles pasaron esta mañá no campus no marco das XOU, Xornadas de Orientación Universitaria, a través das cales a UVigo amosa a súa oferta académica ao alumnado pre-universitario. O obxectivo da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade con esta iniciativa é achegarlles a todas e todos eles a información precisa para que poidan tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, a de elixir carreira unha vez superen a ABAU, que este ano se celebrarán en Galicia os días 3, 4 e 5 de xuño.

Como destacaba a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo, Natalia Caparrini, este é un evento pensado para eles e elas, “para que tomen contacto co mundo universitario, para que coñecen as nosas titulacións e se familiaricen co que se van atopar no seu futuro como estudantes de grao”. Ademais, puxo o foco en que nestas XOU, grazas á presenza de asociacións de estudantes, os mozos e mozas poden coñecer de primeira man as experiencias de estudantes que xa están cursan os seus estudos na UVigo, “é un intercambio que pode ser moi enriquecedor para eles”.

Másnoticias

El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

24/11/2025
La UVigo se prepara para surcar los mares con su nuevo buque e iniciar misiones científicas

La UVigo se prepara para surcar los mares con su nuevo buque e iniciar misiones científicas

21/11/2025

Postos informativos e charlas de asesoramento

Ao longo da xornada, este milleiro de mozos e mozas puideron coñecer non só as titulacións que se ofertan nos tres campus, senón tamén os servizos, instalacións, actividades culturais e deportivas, formación complementaria, asociacións de estudantes, vida universitaria, posibilidades de aloxamento, etc. Todo isto estivo á súa disposición nunha feira que, como vén sendo habitual nos últimos anos, se instala no pavillón universitario do campus de Vigo con postos de cada un dos centros e servizos, dende a Biblioteca Universitaria ou a Área de Benestar, Saúde e Deporte, ata o Servizo de Bolsas, o de Posgrao, Extensión Universitaria ou a Área de Emprego e Empredemento, así como as posibilidades de realizar un voluntariado ou información sobre as actividades de impulsadas polo propio estudantado como as que realizan os mozos e mozas de UVigo Motorsport, de CES UVigo, UVigo Aerotech ou UVigo SpaceLab. Paralelamente, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu unha serie de charlas informativas de carácter xeral. Participaron na xornada o Colexio Possumus, IES Valadares, IES Santa Irene, IES República Oriental do Uruguai, Colexio Labor, CPR Plurilingüe Rosalía de Castro e IES Politécnico, todos eles centros de Vigo, xunto co IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

Un evento que se consolida tras o parón da pandemia

Con esta terceira edición, as XOU consolídanse como unha cita referente para o futuro de moitas mozas e mozas da contorna de Vigo. Tras unha primeira convocatoria en 2019, a pandemia fixo que esta feira se trasladase a un formato virtual ata que se recuperou en xaneiro do ano pasado. Agora, con esta nova edición, o evento afiánzase atraendo máis de 1000 estudantes de secundaria na procura de orientación e inspiración para un futuro case inmediato.

Tantas opcións de futuro como estudantes

Entre as e os asistente a estas XOU había opinións moi diversas sobre o seu futuro académico, como as que teñen un grupo de estudantes de 2º de Bacharelato do IES Valadares. David vese estudando unha Enxeñaría, “aínda que non teño claro cal, pero seguro que virei á Universidade de Vigo”, mentres que Marieli explica que “teño claro ir á universidade, aínda que non sei que quero facer, pero será algo relacionado coas artes”. Pola súa banda, Sara afirma que o seu futuro non pasa pola universidade e que estudará Restauración, mentres que Lucía di que optará por estudos de Deseño, aínda que non sabe se na universidade ou non. Mentres, Mateo, Ramsés e Miguel coinciden á hora de asegurar que queren ir á universidade, aínda que ningún dos tres sabe que titulación cursará.

Que a súa formación continuará na universidade é algo no que coinciden dúas alumnas de 2º de Bacharelato do República Oriental do Uruguai (ROU). É o caso de Andrea que quere estudar o programa de simultaneidade ADE-Dereito na UVigo, mentres que Rocío optará por Márketing. Pola súa banda, Marta non ten claro se opositará a policía nacional ou cursará un grao para entrar na escala executiva, “se fixera unha carreira sería Dereito na UVigo”, explica. Na xornada de hoxe moitos deles puideron aclarar dúbidas e delimitar un pouco máis as súas opcións.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Ikea abrirá una nueva tienda en Vigo con colecciones inéditas y línea gastronómica
Enfoque

Ikea abrirá una nueva tienda en Vigo con colecciones inéditas y línea gastronómica

...

PorMetropolitano
24/11/2025
Muere un operario en un astillero en Vigo al caerle la carga de un camión encima
Enfoque

Piden prisión para tres responsables de un astillero de Vigo por un accidente mortal

...

PorEuropa Press
24/11/2025
Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias
Enfoque

Tomiño presenta su millonario proyecto para revolucionar el corazón de una de sus parroquias

...

PorCarlos I. Castrillón
24/11/2025
Un barrio de Vigo se une para crear su propio 'jardín navideño' con luces y un árbol de 20 metros
Enfoque

Un barrio de Vigo se une para crear su propio 'jardín navideño' con luces y un árbol de 20 metros

...

PorSara Rodríguez
24/11/2025
El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia
Enfoque

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

PorUxía Pérez
24/11/2025

El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X