• Tiendas Vialia Vigo
  • Pista de hielo Vigo
  • Pablo López Vigo
  • Barrios de Vigo
  • Caballero VS Rueda
  • Tatuajes 'revolucionarios'
  • Bolo-Rei
  • A Guarda Ferrero
  • Superviguesa
  • Preemergencia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

"A viaxe virtual e sensorial" da campaña turística da Deputación desembarca na Gran Vía madrileña

"A viaxe virtual e sensorial" da campaña turística da Deputación desembarca na Gran Vía madrileña
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/03/2018

A Deputación de Pontevedra congregou este martes no Teatro Rialto, en plena Gran Vía madrileña, a centos de persoas que acudiron para coñecer, de primeira man, os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Da man da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do prestixioso xornalista pontevedrés, Xabier Fortes, un nutrido grupo de turoperadores, coñecidos xornalistas de medios nacionais xeneralistas e especializados, bloggers, influencers e instagramers, coñeceron as múltiples “historias” que ofrece este ano o destino Rías Baixas.

Carmela Silva presentou o destino “Pontevedra Provincia” a través de “Somos Historias, unha viaxe virtual e sensorial”, na que as imaxes, vídeos, música e degustacións gastronómicas cobraron especial protagonismo. Deste xeito, a campaña promocional lanzada pola Deputación neste 2018 con motivo do Ano Europeo do Patrimonio, desembarcou no Teatro Rialto acompañada da música de Najla Shami, de vídeos que amosan os eixos do patrimonio na provincia , e da degustación gastronómica de produtos como as volandeiras, os mexillóns, xurel, crema de grelo, lacón á feira, vapor de cocido galego, empanada, cañas de crema de mel, queixo con marmelo e bica, acompañados de vinos da D.O. Rías Baixas.

Másnoticias

Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo

Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo

24/11/2025
La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

19/11/2025

A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que “vivimos unha época dourada no destino Rías Baixas. Pechamos 2017 con récord de visitantes e agardamos un 2018 espectacular”. Deste xeito, Carmela Silva fixo fincapé en que a provincia de Pontevedra “pode presumir da súa beleza desde xaneiro a decembro xa que contamos con múltiples atractivos turísticos, desde espazos naturais, ata castelos, xacementos arqueolóxicos, vilas termais, museos, xardíns, pazos, unha variada gastronomía, viñedos a carón do mar, grandes festas de interese turístico, ata varias rutas de peregrinación cara Compostela. Por iso queremos que todo o mundo a coñeza, apostando, como así nolo marca o Plan Estratéxico de Turismo, por un turismo sustentable, de calidade e durante todo o ano, en colaboración co sector privado”.


Pódeche interesar: Alemanote, a pantasma do Castelo de Soutomaior


 

O primeiro dos vídeos que se proxectaron no evento promocional foi “Somos historias”, o vídeo de lanzamento da campaña de Turismo Rías Baixas, no que María Vinyals é o eixo argumental. Da súa man, e guiados pola presidenta provincial e polo xornalista pontevedrés Xabier Fortes, as persoas congregadas no evento descubriron o Castelo de Soutomaior e outros elementos do patrimonio fortificado, xacementos arqueolóxicos e ata espazos naturais e paisaxísticos da provincia de Pontevedra.

Silva e Fortes repasaron a historia do Castelo e dos personaxes que alí viviron como Pedro Madruga, María Vinyals e ata a pantasma do “Alemanote”. Tamén presentaron o Castelo de Sobroso, no que foi cercada Dona Urraca, as fortalezas de Salvaterra e Goián, a de Monterreal en Baiona ou as torres do Oeste, así como pazos como o de Castrelos, o de Oca ou o de Rubiáns. Amais, aproveitaron para dar a coñecer o logotipo elaborado para a campaña deste ano, centrado no labirinto de Mogor, un misterioso elemento de milenios de antigüidade que amais de deixar a súa pegada na provincia atópase tamén noutros puntos da xeografía internacional tan distantes de Pontevedra como Estados Unidos.


Pódeche interesar: “Somos historias”, protagonista de la Gala de Turismo de la Deputación de Pontevedra


Xunto ao patrimonio cultural, arqueolóxico e paisaxístico, presentáronse outras moitas historias relacionadas coas Rías Baixas. Deste xeito, as festas etnográficas, gastronómicas e de recreación histórica tiveron un espazo singular no Teatro Rialto de Madrid, onde se amosaron imaxes da Arribada de Baiona, do desembarco vikingo nas Torres de Catoira, da Feira Franca pontevedresa ou da Rapa das Bestas de Sabucedo na Estrada. Tamén cobrou protagonismo o patrimonio espiritual e relixioso, dando a coñecer mosteiros como o da Armenteira ou o de Aciveiro.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o xornalista Xabier Fortes deron paso, a continuación, a un vídeo relativo ao patrimonio natural, destacando que “temos tal variedade de climas e paisaxes que converten á provincia de Pontevedra nun espazo único, diferente, cunha costa recortada e singular, ríos cortos e caudalosos que regan de vida todo un paisaxe de bosques e montes”. Deste xeito, Silva e Fortes recordaron as Illas Cíes e Ons, os ríos, bosques, montes como o Seixo dende o que divisar as tres Rías Baixas en días despexados.


Pódeche interesar: En que escenarios podería rodarse a serie ‘Game of Thrones’ en Pontevedra?


Tamén se deu a coñecer en Madrid a visión de múltiples escritores e escritoras, desde a antigüidade ata os nosos días, sobre a provincia de Pontevedra: Mendiño, Martín Códax, Xoan de Cangas, Nun Trez, Julio Verne, a propia María Vinyals, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Torrente Ballester, Valle Inclán… E, xunto a este patrimonio literario das Rías Baixas, tamén houbo tempo para dar a coñecer o patrimonio etnográfico e cultural, destacando o Museo de Pontevedra, o Museo do Mar de Vigo e os RíasBaixasFests.

A presentación “virtual e sensorial” do destino “Pontevedra Provincia” rematou coa degustación de produtos gastronómicos da provincia de Pontevedra. O primeiro retorno da presentación foi a expectativa mediática en Madrid. Preto dunha decena de medios de comunicación nacionais pecharon entrevistas para este mércores a fin de coñecer o destino Rías Baixas da man da presidenta provincial.

Temas: Deputación de PontevedraSomos historiasTurismo Rías Baixas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Detenido un hombre que trató de robar en un local del centro de Vigo y se escondió bajo un coche
Enfoque

Detenido un hombre que trató de robar en un local del centro de Vigo y se escondió bajo un coche

El hombre fue pillado 'in fraganti' dentro de un local del centro de Vigo. Después, emprendió una huida y se escondió bajo un coche

PorMetropolitano
24/11/2025
Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo
Enfoque

Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo

Las Rías Baixas llegan al particular 'Times Square' de Madrid. Este vídeo se proyectará en plena Gran Vía para enamorar a España y al mundo

PorMetropolitano
24/11/2025
SOS Sanidade recoge firmas para llevar al Parlamento el "estado de urgencia" de la Atención Primaria
Enfoque

Planean una manifestación en Vigo ante la "desestructuración" de la Atención Primaria

Lamentan la concentración del servicio de Pediatría en el nuevo centro de salud Olimpia Valencia, ubicado en la calle Lalín

PorEuropa Press
24/11/2025
Así son los renovados vehículos de la Policía Local de Vigo, ahora de la mano de Renault
Enfoque

Un joven de Vigo se enfrenta a la Policía tras discutir con su pareja embarazada

Detenido en Vigo tras desobedecer e insultar a los agentes que intervinieron cuando estaba discutiendo con su pareja. Ella estaba embarazada

PorEuropa Press
24/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X