• Gimnasio "low cost" Vigo
  • Pleno Vigo SAF
  • 'Glamping' Vigo
  • Fiestas gastro de Galicia
  • Mirador Mondariz
  • Termas Galicia
  • Nuevo mini golf Tui
  • Guía Michelin Galicia
  • Vialia Vigo octubre
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A xubilación do exreitor Domingo Docampo pon en valor a súa "constante busca da excelencia"

A xubilación do exreitor Domingo Docampo pon en valor a súa "constante busca da excelencia"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
29/09/2025

Por ser exemplo de altura de miras e excelencia”, “por ter tomado decisións que marcaron as nosas vidas”, “porque a el se lle debe moito do prestixio que alcanzou esta institución”, “por ser parte esencial do mapa da UVigo...”. Por todo isto, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e, o conxunto da Universidade de Vigo, rendeu homenaxe este luns ao catedrático, e exreitor, Domigo Docampo Amoedo (Redondela, 1954), quen tras unha intensa traxectoria profesional “na que tiven a oportunidade de gozar das tres vertentes da vida académica: a pesquisa, a administración, e, sobre todo, a docencia”, tal e como el mesmo subliñou, inicia agora unha nova etapa: a súa xubilación.

O acto, presidido polo reitor Manuel Reigosa, convocou a numeroso público no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Ata alí se desprazaron moitos compañeiros docentes, alumnado e persoal técnico de administración e servizos de diferentes centros da UVigo, persoas que quixeron arroupar neste día a quen fora director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación (1988-1990), director do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións (1991-1993 e 1996-1998) e reitor da Universidade de Vigo (1998-2006).

Másnoticias

A Universidade de Vigo dá a benvida ao seu alumnado sénior

A Universidade de Vigo dá a benvida ao seu alumnado sénior

26/09/2025
Surf, rafting o kayak, así es el Augaventura de otoño de la UVigo para todos los públicos

Surf, rafting o kayak, así es el Augaventura de otoño de la UVigo para todos los públicos

25/09/2025

Na súa intervención Docampo lembrou emocionado os seus inicios como docente nunha incipiente Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, lembrando con agarimo a quen fora primeiro director deste centro, Aníbal Figueiras, doutor Honoris Causa pola UVigo falecido hai tres anos: “foi o meu mestre e amigo e del aprendín moito na miña carreira académica”. Admitiu sentirse “agradecido por todo o que hoxe se dixo aquí” e “moi afortunado” de ter vivido o que viviu, sobre todo no que se refire á docencia”, actividade coa que “tratei de espallar a paixón por saber, por coñecer e, por encima de todo, por entender”.

“A escola sempre será a túa casa”

Abriu o acto o reitor, Manuel Reigosa, quen non dubidou en afirmar que “a traxectoria de Domingo marcou indubidablemente a institución, marcouna para ben, e fíxonos colocarnos na modernidade”, ao que engadiu que “foi un xigante capaz de pór en órbita a Universidade de Vigo”, “unha persoa que sempre tivo carisma, visión e capacidade de liderado”.

Tras el, a actual directora da escola, Rebeca P. Díaz, foi a encargada de repasar brevemente a traxectoria de Domingo como docente e xestor, achegando tamén a súa visión como exalumna. “ É un docente que nos formou a moitas xeracións de estudantes do centro, cunha gran facilidade de palabra para explicar na aula”, subliñou Díaz, ao que engadiu que “para todos os que formamos a escola foi un orgullo que fose elixido dúas veces pola comunidade universitaria como noso reitor”. Ademais de darlle os parabéns pola súa xubilación en nome de todo o colectivo da EET, recordoulle que, se ben comeza unha nova etapa, “a escola sempre será a túa casa e o sitio onde volver a visitarnos sempre que queiras”.

“El espallou e regou as sementes da EE de Telecomunicación”

En nome do alumnado da primeira promoción de estudantes da escola tomou a palabra o catedrático da Universidade de Vigo Fernando Pérez González, primeiro estudante de doutoramento do profesor Docampo. “Para os alumnos desa primeira promoción, que comezou hai xusto 40 anos, Domingo non era un profesor coma os que tiveramos no instituto: enormemente motivador, capaz de saír do guión sempre que fixera falta e retando intelectualmente ao alumnado”. Lembrou tamén como a aqueles que decidiron facer a tese de doutoramento e apostar pola vida académica insistiulles con determinación en que fixeran estancias longas no estranxeiro para ampliar a súa formación. “Eu tiven a sorte de marchar a University of New Mexico a traballar nunha liña de investigación que el abrira co profesor Chaouki Abdallah, presente hoxe tamén neste acto, e ambos foron os meus directores de tese”. Como principais valores de Docampo, non o dubidou, “altura de miras e busca de excelencia”. Nesta liña, afirmou que “el espallou e regou as sementes da EE de Telecomunicación e a el lle debemos moito do prestixio que alcanzou este centro”.

Vídeo-homenaxe do alumnado da primeira promoción

As testemuñas dos egresados da escola chegaron tamén a través dun vídeo-homenaxe dos estudantes desa primeira promoción da escola, hoxe compañeiros de profesión. Entre as verbas que máis se escoitaron nestas mensaxes destacaron, sobre todo, a palabra, “grazas”, por todo o seu legado e a súa experiencia, e os bos desexos para a súa xubilación. Puxeron voz a esta particular homenaxe, impulsada pola delegación de alumnado da escola, os hoxe catedráticos da Universidade de Vigo José Luis Alba Castro e Artemio Mojón, así como Jesús Cid Sueiro, catedrático da Universidad Carlos III de Madrid, e Miguel Armesto Herbella, director xeral da construtora San José.

“No ano 1991 decidiches traer profesores de New México a impartir aquí cursos de doutoramento, unha decisión que foi moito máis aló que unha mera oportunidade académica e que marcou a miña vida”, salientou Alba Castro; mentres que Armesto Herbella amosou o seu orgullo por ter tido o privilexio de asistir como estudante ao nacemento da ETT e ser testemuña “do entusiasmo e determinación coa que aquel mozo profesor ao que mirabamos con admiración botaba sobre o seu ombro este proxecto”. Pola súa banda, Artemio Mojón puxo en valor o liderado de Docampo “nuns anos certamente intensos”.

“Non se limitou a administrar unha Universidade, construíu unha visión e un futuro para ela”

De lembrar a súa etapa como reitor encargouse o catedrático Óscar Rubiños, profesor da escola e vicerreitor do seu equipo de goberno. Na súa intervención recuperou diferentes testemuñas da percepción que a comunidade universitaria mantén desa época e os principios sobre os que se sustentaba o traballo daquel equipo. “Quero transmitir algunhas desas ideas que me fixeron chegar estes días: Domingo foi o arquitecto que moldeou a estrutura física e intelectual da Universidade de Vigo, un reitor que non se limitou a administrar unha Universidade, construíu unha visión e un futuro para ela; ou con el ao temón a sensación é que a nave mantiña un rumbo e avanzaba a toda vela”. Nesta liña, Rubiños deulle as grazas por permitirlle formar parte daquela aventura universitaria: “Todos tiñamos na cabeza un proxecto de universidade que compartiamos, o proxecto dunha universidade da que a sociedade do sur de Galicia e de Galicia en xeral se sentise orgullosa”, explicou Rubiños.

A maiores, o acto contou tamén coas intervencións do profesor Antonio Artés, catedrático da Universidad Carlos III de Madrid e membro fundacional do grupo de investigación do profesor Docampo, e Chaouki Abdallah, reitor da Lebanese American University, LAU, e colaborador de investigación do profesor Docampo durante as súas estadías na University of New México. Ambos contaron múltiples anécdotas e resaltaron a súa paixón pola docencia e a investigación, “sempre achegando novas ideas e puntos de vista”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alertan de la necesidad de medir el radón en las viviendas de Pontevedra y Ourense
Enfoque

Alarma en Tui por los niveles de radón "extremadamente altos"

...

PorEuropa Press
29/09/2025
Polémica en Vigo por la contratación del tiktoker 'El Dandy de Barcelona': "Machista, fascista y homófobo"
Enfoque

Polémica en Vigo por la contratación del tiktoker 'El Dandy de Barcelona': "Machista, fascista y homófobo"

...

PorEuropa Press
29/09/2025
El nuevo gimnasio "low cost" de Vigo estará en Teis y abrirá todos los días, estos serán sus horarios
Enfoque

El nuevo gimnasio "low cost" de Vigo estará en Teis y abrirá todos los días, estos serán sus horarios

...

PorCarlos I. Castrillón
29/09/2025
Huelga médicos | Estudian denunciar al Sergas por imponer unos "servicios mínimos abusivos"
Enfoque

Los médicos anuncian una nueva huelga nacional para este viernes

...

PorEuropa Press
29/09/2025
A Universidade de Vigo dá a benvida ao seu alumnado sénior
Enfoque

A Universidade de Vigo dá a benvida ao seu alumnado sénior

PorCarlos I. Castrillón
26/09/2025

Co prazo de matrícula aínda aberto, hai preto de 130 novos estudantes na Universidade de Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X