A Xunta licita os traballos de mellora da escola infantil A Marisma de Redondela

Publicidad

A Xunta de Galicia vén de licitar as obras de mellora na escola infantil pública A Marisma de Santa Mariña que contarán cun investimento de máis de 96.000 euros cofinanciados entre o Goberno galego e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así o anunciou hoxe o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, na súa visita ao centro infantil de Redondela, onde concretou que o prazo de presentación de ofertas se abriu o pasado mércores, día 21.

O representante autonómico explicou que as reformas se executarán principalmente durante o mes de agosto, e que consistirán na substitución de todas as carpinterías exteriores do centro. Esta escola infantil pública de titularidade autonómica conta con seis aulas que permiten acoller a 94 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.

Durante a visita Jacobo Rey subliñou o “compromiso da Administración autonómica cos proxectos dirixidos aos máis novos, xa que eles constituirán a sociedade do futuro e deben recibir a mellor formación posible coas maiores garantías”. O director xeral tamén recoñeceu o labor do persoal deste centro, dedicado a educar e coidar aos máis pequenos

Salir de la versión móvil