A prohibición do denominado “eucalyptus nitens” en Galicia é unha das demandas que ADEGA presentou ante un grupo de deputados do Parlamento Europeo o pasado 7 de decembro. A petición produciuse no marco das xornadas "Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización" organizadas polo grupo GUE/NGL do Parlamento Europeo xunto a outras 17 organizacións.
Pode interesarche: Causas e interrogantes do domingo negro en Galicia
“Ante a desfeita da industria do eucalipto”, a organización ecoloxista galega pide aplicar o principio de precaución ante esta especie “perigosa para a biodiversidade e funcionalidade dos ecosistemas”. Adega lembra que o Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente como unha “especie exótica en expansión, con alto risco de invasión”.
Amais desta petición, a ONG solicita unha moratoria para novos plantíos de eucalipto “como xa se fixo en Portugal, país onde ocupa menos do 9% da superficie, fronte ao 17% de Galicia”. Por último, demandan o cumprimento da lexislación de montes para perseguir as plantacións ilegais e as talas do bosque autóctono.
Pode interesarche: “Os terroristas son os que non fan cumprir a normativa”
Segundo os ecoloxistas, a expansión desta especie invasora está a reducir a biodiversidade do bosque galego creando “uniformidade” ocupando máis de 500.000 hectáreas. Segundo explican, recorrendo ao Inventario Forestal Estatal de 2009, os eucaliptos arden 3,55 veces máis que os carballo e demais frondosas.