A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 786.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, localizada na parroquia de Tameiga, no concello de Mos.
Segundo indica a Xunta, esta actuación será cofinanciada nun 70% e nun 30%, respectivamente, polo Goberno galego e o Executivo municipal, tal e como se recolle no convenio asinado a tal fin o pasado mes de marzo entre ambas administracións.
Os traballos, que contan cun prazo de execución previsto de seis meses consistirán na remodelación do entorno da referida ermida a través da dotación de zonas verdes, da renovación completa do mobiliario urbano e da repavimentación do solo. Ademais, a empresa adxudicataria, Contrucciones Obras y Viales S.A. (COVSA), tamén terá que velar pola protección de todos os elementos culturais existentes, como o propio edificio relixioso, o cruceiro ou o peto de ánimas.
O obxectivo principal que se persegue a través desta intervención urbanística é "converter a zona nun espazo público de calidade no que se lle dará prioridade aos peóns sobre os vehículos", indica a Xunta.
Begoña Vila leva recibido múltiples recoñecementos pola súa carreira, incluíndo a Medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016
Galicia sumará un nuevo atractivo para el próximo verano. Ya hay fecha para su curioso "río lento" de relax en el parque acuático más moderno
Algunas de las productoras más top visitaron lugares como Vigo, Baiona o Soutomaior. Las Rías Baixas quieren atraer nuevos rodajes
La Xunta de Galicia abrirá un concurso de ideas para recuperar esta villa romana de Vigo. Un yacimiento de más de 7.000 metros cuadrados
En el Consello de Goberno de la UVigo se ha aprobado la "expresión de interés" en la implantación de ese grado
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL