Dende Moaña para o mundo. A asociación de alfombristas de San Martiño, integrada na asociación de Moaña Antiqua, vén de participar nun reto mundial denominado “Soñando Tokio” organizado pola Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero. Xunto con artistas de varios países, e de diferentes puntos de Galicia, os de Moaña crearon un tapiz conxunto despois de que non puideran participar no congreso internacional que se tiña que ter celebrado en Tokio este ano. O evento quedou suspendido por mor da crise sanitaria do coronavirus.
O reto, que estaba dedicado ao organizador do Congreso no Xapón, Yasuhiko Fujikawa, buscaba crear unha variante dixital da cita con alfombras creadas entre todos os participantes. No caso de Galicia, optouse por recrear diferentes imaxes que mesturaran a cultura de Galicia e o país nipón creando un mosaico coas bandeiras galegas e xaponesa. A Asociación de San Martiño de Moaña elaborou unha alegoría ao sol poñente cun luscofusco tras as Illas Cíes. Participaron tamén asociacións de Rianxo (cun horreo), Burela (cun sol nacente), Bueu (coa Catedral de Santiago e a Torre de Hércules), Ponteareas (coas bandeiras galegas e xaponesa), Miño (cunha pagoda), Ames (cunha estampa idílica do Xapón), Redondela (cuns cruceiros galegos) e Cerponzóns (cuns faroliños).

Ademais dos galegos, o reto contou con integrantes da India, Malta, Italia, Xapón, Bélxica, Corea ou México. Xuntos crearon un vídeo no que lamentan non poder acudir á cita internacional e contan os días para, no futuro, poder reunirse xuntos e desfrutar da arte efémera das alfombras.
No caso de Moaña, a asociación suma habitualmente o traballo voluntario dunha ducia de voluntarios que traballan nestas creacións artísticas ao longo de distintas celebracións do ano, tanto relixiosas como laicas. Neste caso, debido ao traballo reducido da alfombra, de 1,20x0,70 metros, participaron Dora Collazo, Dorita Nogueira e Paula Juncal, amais de Juan Fernández como encargado da loxística dos materiais. Toda a imaxe elaborouse esta vez con sal e serrín tinguido.

Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
Uno de los históricos quioscos de Vigo busca un nuevo futuro. Las administraciones de Lotería llegan a venderse por hasta 300.000 euros
El concurso de la Xunta se salda con un ganador que basa su proyecto en astilleros de ribera, las bateas del mar o los furanchos
"No podemos aceptar que el PP vuelva a usar Vigo como banco de pruebas", denuncia el BNG. Así ponen el foco en el Olimpia Valencia
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL