• Pisos en Vigo
  • Qué hacer en Vigo
  • Fiestas Pereiras Mos
  • El Tiempo Vigo
  • Teis Fest
  • Obra en Vigo
  • Festivos en Vigo 2026
  • Vialia Vigo
  • Fiestas históricas
  • Fiestas en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Alumnado da UVigo alíase co gañador dun Grammy Latino Jaime Navarro para editar unha canción

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/04/2025

O álbum El Madrileño, de C. Tangana foi o traballo que consagrou o artista con raíces viguesas como un dos creadores máis innovadores do panorama musical español. Entre os múltiples premios que acadou o disco está o Grammy Latino á Mellor Enxeñaría de Gravación e un dos técnicos que o fixo posible é Jaime Navarro. Agora, este enxeñeiro está a colaborar cun grupo de estudantes da Universidade de Vigo no lanzamento de Sin el tiempo, unha canción que verá a luz o vindeiro 18 deste mes de abril.

Os impulsores desta iniciativa son Alejandro Fernández González, estudante de Enxeñaría Aeroespacial, baixista e compositor; Enzo Hernando Cunha, estudante de Bioloxía, produtor e compositor; Marcos Martínez Romero, tamén de Bioloxía, letrista, intérprete e compositor; Jorge Posada Durán, de Economía, que é batería e compositor; Uxía Táboas Currás, alumna de Enfermaría e intérprete e compositora e Alejandro Sirvent Ubeira, tamén de Bioloxía, que se encarga do asesoramento creativo. Eles mesmos defínense como un “colectivo creativo”, non como unha banda ao uso, e contan tamén coa colaboración de tres persoas alleas á UVigo: David Fernández González, guitarrista e compositor; Andrea Da Costa Pintado, que se ocupa do estilismo e asesoramento creativo e Alba Villaverde Rocha, deseñadora da identidade visual e asesora creativa.

Másnoticias

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

11/09/2025

Un estudo da UVigo analizará o papel das peregrinacións militares a Santiago na proxección internacional de España

10/09/2025

De Desvaríos Varios a Sin el tiempo

Explican que aínda que non operan como grupo dun xeito tradicional xa teñen algún traballo rematado que se publica baixo o alcume Vade (Marcos Martínez), que é o nome do letrista e intérprete como solista e acredítase individualmente a cada unha das persoas que traballou na publicación en base á súa aportación.

En concreto, en setembro de 2024 publicaron Desvaríos Varios, o primeiro álbum autoeditado, que como explican, “está principalmente fundamentado no son do rap, aínda que conta con moita variación entre pistas, chegando a atopar sons coma Mártir que é unha balada acústica sobre guitarra sen batería ou Fotos De Gatitos que é un reggaeton ambiental”. Agora teñen ante eles unha grande oportunidade, a de lanzar un tema cun “padriño” como Jaime Navarro. A peza, lembran, “foi gravada nun estudo improvisado que montou Jaime o pasado verán en Cambados”. Trátase dun funk carioca, “xénero que comezamos a explorar debido ás raíces de Enzo, cuxa familia materna é de Brasil”. Nesta peza en concreto participaron Enzo, Marcos e Uxía, aínda que só os dous mozos participaron na sesión de gravación.

Sobre como entraron en contacto co premiado enxeñeiro, lembran que todo naceu a raíz cunha amiga que facía prácticas nun xornal galego. “Enterouse da asistencia de Jaime a un evento con temática de cultura urbana que ía ter lugar en Cambados” e a partir de aí buscaron o xeito de achegarse a el. Dende a organización do evento déronlles a posibilidade de ensinarlle algún tema ou probar algo do que tiñan sobre unha das súas instrumentais propias, “pero finalmente dixéronnos que poderíamos ter a oportunidade de 1h íntegra para gravar totalmente gratis”. Apostaron por un tema que tiñan apartado, “que nos encantaba pero non sabíamos que facer con el, porque non nos encaixaba no EP de R&B no que estábamos comezando a traballar debido ao cambio de estilo sonoro”.

O tema, que ao fin atopou o seu sitio, lanzarase o vindeiro día 18 e agardan tamén que, ao longo do ano, se publique o álbum de R&B que están a piques de rematar. Farano sen discográfica, de xeito autónomo e cun contrato cunha distribuidora independente que xestiona o lanzamento así coma o tema de Copyright.

Unha experiencia dificilmente mellorable

Para o grupo de estudantes, a oportunidade de gravar con Jaime Navarro foi “unha experiencia dificilmente mellorable”. Resaltan que o trato pola súa parte “foi digno de admiración, non só é un gran profesional, como avala a súa carreira premiada con discos de platino e un Grammy, senón que o trato humano foi inmellorable”. Lembran que pasados un meses da gravación, “mantemos o contacto e, de vez en cando, asesóranos sobre os pasos que cree que debemos tomar, o cal é un privilexio enorme para nós”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Boom inmobiliario en Vigo con luz verde a seis nuevos edificios con más de 100 viviendas

...

PorÁngel Vila
12/09/2025
Enfoque

Giro meteorológico en Vigo y su área con tregua de lluvias y hasta 27 grados

...

PorMiguel Alonso
12/09/2025
Enfoque

Malos tiempos para Peinador, el aeropuerto de Vigo perdió un 4,4% de pasajeros en agosto

...

PorMetropolitano
12/09/2025
Enfoque

O Rosal, de plató de rodaje a gala de un nuevo estreno: "Deja una huella en la memoria"

...

PorMetropolitano
12/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X