Vigo Histórico, a plataforma que busca paralizar o túnel baixo a Porta do Sol en favor dunha peonalización completa, vén de lograr o apoio das principais organización ecoloxistas do país. ADEGA, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, Fridays For Future, Verdegaia asinaron un manifesto no que se sinala a “contradición” na que incorre o Concello de Vigo cando declara a emerxencia climática, pero a súa “medida estrela” é un túnel que mantén as emisións no centro da cidade.
No texto destácase que para peonalizar a praza, antes que construir un túnel, “hai que buscar medidas sostibles, que reduzan o tráfico, non que o perpetúen”. Os fondos europeos para desenvolvemento urbano sostible deben usarse, explican, para reducir as emisións, "non para construír infraestruturas para coches que perpetúen o tráfico, e que van en contra do obxectivo da futura lei de transición ecolóxica".
Así, as organizacións ecoloxistas sinalan que se “debería reforzar e mellorar o transporte público, con preferencia por flota eléctrica, crear mallas de carrís bici ou vías de velocidade reducida onde se poida circular en patinete ou en bici, ou promover cidades camiñables. O obxectivo debería ser reducir os traxectos en coche ao mínimo imprescindible, dando alternativas de transporte”.
“Os fumes baixo terra seguen sendo fumes”, argumentan nun manifesto que aposta por unha peonalización que elimine o tráfico de Porta do Sol “ de forma gradual”.
Segundo a futura lei de transición ecolóxica, as vilas de máis de 50.000 habitantes terán que poñer en 2023 restricións a certo tipo de vehículos en zonas de baixas emisións. En Vigo a lóxica apunta a que sexa o Casco Vello. Polo tanto, consideran os asinantes que “non ten sentido construír unha infraestrutura como o túnel baixo o barrio histórico, xa que terá aceso restrinxido a un porcentaxe elevado de vehículos dentro de tres anos, cando se remate a obra”.
Las lluvias serán protagonistas de este sábado en toda la provincia de Pontevedra. Hay activado un aviso amarillo por fuertes lluvias desde el mediodía
Así es la zona "AquaSplash" que acaba de estrenar un macro complejo de Galicia. Un espacio dedicado al bienestar en "la capital del turismo"
El Concello de Vigo responde a la Xunta y avanza cuáles son sus planes para el edificio de los antiguos juzgados de la calle Lalín
Las afectaciones al tráfico se iniciarán el 12 de mayo a las 22:00 horas en el túnel de Candeán, (km 154 de la AP-9), con un corte de carril
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL