• Pollos Muñoz Vigo
  • Novedad Vialia Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • PortAmérica
  • Fiesta Moaña
  • Cascata dos Sonhos
  • Desaparecida Vigo
  • Oferta termal
  • Caballero Medicina
  • Inauguración Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrou este xoves no Tinglado do Porto de Vigo o seu 15º aniversario cun acto conmemorativo no que participaron representantes da Xunta de Galicia e da UVigo, así como membros da comunidade investigadora do centro e axentes do ecosistema tecnolóxico galego.

O acto arrancou cunha visita institucional á zona de postos nos que se presentaron diferentes proxectos de investigación e transferencia, demostracións tecnolóxicas e resultados de investigación desenvolvidos polo centro ao longo da súa traxectoria. Esta mostra permitiu amosar ao público unha panorámica do labor investigador de atlanTTic en ámbitos como as comunicacións 6G, ciberseguridade, intelixencia artificial, redes avanzadas ou tecnoloxías cuánticas. Trala visita aos postos, tivo lugar a apertura institucional, presidida por Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades da Xunta de Galicia e Manuel Reigosa, reitor da UVigo, que coincidiron en destacar que a colaboración é fundamental e que se deben tender lazos con outros centros de investigación e tecnolóxicos.

Másnoticias

La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

19/11/2025
Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo

Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo

18/11/2025

O conselleiro, que puxo o acento na trascendencia da innovación feita desde Galicia para o mundo, salientou que “os centros de investigación como atlanTTic son o futuro e son vitais para seguir sendo o que somos e mellorar a vida das persoas”. Pola súa banda, o reitor da UVigo destacou o papel estratéxico de atlanTTic como un dos centros de referencia en tecnoloxías de telecomunicación en Galicia, así como o seu impacto na captación de talento e na transferencia ao sector produtivo. “O sistema galego é moi forte en innovación”, sinalou Reigosa.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de pechar a primeira parte do acto, e declarou que “atlanTTic é un orgullo para Vigo e un motor fundamental do noso ecosistema innovador, un centro que sitúa á cidade na vangarda tecnolóxica”.

Pasado, presente e futuro de atlanTTic

Durante o de celebración do aniversario fíxose un repaso pola traxectoria de atlanTTic, na que participaron as tres persoas que dirixiron o centro ao longo da súa historia: Nuria González Prelcic, Carlos Mosquera Nartallo e o actual director Martín Llamas Nistal. Todos eles, repasaron os fitos máis salientables destes quince anos, os logros científicos acadados e os desafíos que marcan a folla de ruta de atlanTTic para a próxima década.

Nuria González Prelcic, directora do centro entre 2010 e 2017, declarou que “atlanTTic naceu desde abaixo, grazas ao esforzo dos grupos que o fixeron posible. Desde aqueles inicios como ACETIC ata o impulso do proxecto Táctica, o maior da UVigo con 9 millóns de euros, o centro converteuse nunha xoia para Galicia e nun piar clave do polo galego das telecomunicacións.”

Carlos Mosquera Nartallo, pola súa banda, destacou que quince anos demostraron a capacidade de atlanTTic para medrar sobre unha base científica sólida e para consolidar alianzas estratéxicas dentro e fóra de Galicia. “O centro soubo combinar excelencia investigadora e transferencia, xerando tecnoloxía con impacto real na sociedade”, declarou Mosquera.

Para pechar o acto, Martín Llamas Nistal, actual director de atlanTTic, insistiu en que “o futuro de atlanTTic pasa por reforzar a súa proxección internacional e por liderar novos retos en ámbitos emerxentes como as comunicacións 6G, a intelixencia artificial, a fotónica ou as tecnoloxías cuánticas. Seguiremos traballando para que o centro sexa un actor clave nun ecosistema dixital competitivo e global.”

Quince anos de logros

Desde o seu nacemento, AtlanTTic acadou sete proxectos do programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta e cinco spin-offs activas, así como 626 publicacións no período 20-24. A súa investigación punteira en ámbitos clave como as comunicacións 5G/6G, a ciberseguridade e privacidade, a fotónica integrada, as tecnoloxías cuánticas e as tecnoloxías aeroespaciais, impulsou a creación do Vigo Quantum Communication Center (VQCC) ou o laboratorio de redes de comunicacións B5G/6G Communication Networks Laboratory.

O acto deste mediodía serviu non só para celebrar a evolución do centro desde a súa creación, senón tamén para reforzar o seu compromiso coa investigación de excelencia, a innovación e a colaboración co tecido empresarial e institucional, consolidando o seu papel como axente clave no avance tecnolóxico e dixital de Galicia.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Trece proyectos y 31,7 millones con los que Caballero quiere "transformar" Vigo con fondos europeos
Enfoque

Alertan de "anulación" al nuevo PXOM de Vigo por "irregularidades" en la respuesta a las alegaciones

...

PorMiguel Alonso
20/11/2025
Visita a un velero, viajes en barco al atardecer o kayak: así es la Semana Azul de la Ría de Vigo
Enfoque

Vigo sigue embelleciendo uno de sus tesoros patrimoniales: "Queremos que esté en perfecto estado"

...

PorMetropolitano
20/11/2025
Nuevo intento de acuerdo en el caso del hombre que mató a su exmujer delante de sus hijos en Baiona
Enfoque

Nuevo intento de acuerdo en el caso del hombre que mató a su exmujer delante de sus hijos en Baiona

...

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
Aena califica de "espurios" los argumentos de Ryanair y dice que sus exigencias podrían ser ilegales
Enfoque

Condenado a cárcel y a pagar 10.000 euros por provocar el desvío a Vigo de un vuelo de Ryanair

...

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones
Enfoque

La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

PorMetropolitano
19/11/2025

En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

20nov18:00Encendido de la Navidad A LaxeNAVIDAD | VIGO | GRATIS

20nov18:00Encendido de la Navidad CC Gran VíaNAVIDAD | VIGO | GRATIS

21nov17:0019:00Magosto en Solar da Pomba en VigoMAGOSTO | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X