O Concello de Bueu quere mostrar o seu fondo pesar polo pasamento de Staffan Mörling, quen nos anos 60 descubriu a Illa de Ons e ficou prendado para sempre. Dende aquel tempo non deixou de traballar pola cultura e o patrimonio etnográfico da nosa Illa. Cun gran interese polos temas históricos, Mörling fixo a súa carreira na Universidade de Lund, na que se licenciou en Latín, Historia da Arte e Antropoloxía. Precisamente, como antropólogo documentou as embarcacións tradicionais de Galicia no 1989, tema que seguiu desenvolvendo co libro "Lanchas e dornas. A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa occidental de Galicia". En colaboración coa súa muller, Xosefa Otero, aplicou as teorías da nova etnoloxía, de orixe danesa, ao amplo material antropolóxico recollido polos dous na Illa, de onde sae o libro "Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons".
Debido á súa labor incansable pola cultura mariñeira da vila morracense, o Concello de Bueu nomeouno Fillo Adoptivo da vila no ano 2006, unha pequena homenaxe que se completou no 2012 cando a anterior rúa dos institutos pasou a levar o seu nome. Precisamente, no 2015, dende o Concello de Bueu organizouse o acto de descuberta da placa desta rúa, ao que asistiu o propio Staffan Mörling, arroupado pola súa familia e amizades, e que culminou despois coa presentación do seu libro autobiográfico "Namoreime en Ons".
Félix Juncal, alcalde de Bueu, destaca ao ilustre Mörling como "un illán máis que atopou a felicidade nun paraíso como son as Ons e que será lembrado ademais como un dos persoeiros que da nome a unha das nosas rúas. As súas achegas como investigador do noso patrimonio etnográfico perdurará por sempre por poñer en valor con orgullo o noso patrimonio marítimo bueués xunto á propia forma de ser das xentes de Ons. Non cabe dúbida que puxo a Ons, Bueu e Galiza no mapa das máis prestixiosas publicacións científicas nunha das facetas que quedará para sempre na nosa historia colectiva".
El PP defiende que este documento "profundiza en el municipalismo" al destinar a todos los concellos un tercio del presupuesto
Dan por finalizados los trabajos de retirada y contención del vertido en las dos dársenas de astilleros San Enrique y en el muelle de Guixar,
El hombre, de unos 56 años, falleció tras ser apuñalado por una mujer en la antigua estación de autobuses de Vigo
El BNG de Vigo acusa al gobierno de Abel Caballero de maltratar el arbolado urbano y "vulnerar" la ordenanza de Medio Ambiente
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL