Os socialistas de Baiona presentaron o pasado domingo a súa candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio, nun acto aberto aos veciños e veciñas da vila celebrado na Virxe da Rocha. O acto, nun ambiente festivo e moi participativo, contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e doutros cargos provinciais e autonómicos do partido.
Na súa intervención, o alcalde e candidato á reelección, Carlos Gómez Prado, anunciou a nova de que “Baiona recibirá 2,1 millóns de euros para revitalizar o noso casco vello, que se unen aos outros 2,1 millóns que obtivemos o ano pasado para a humanización da contorna de Santa Liberata; máis de catro millóns de euros para esa zona de vila”.
Gómez Prado lamentou “o voto en contra por parte da Xunta de Galicia e o PP, que non queren agora mesmo investimentos para Baiona, eles deberán explicar o motivo”. O concello obtivo os fondos para este proxecto municipal grazas aos votos a favor do Ministerio de Industria e a Fegamp.
Con respecto a este tema, Carmela Silva destacou “a cantidade de millóns de euros de fondos europeos que obtivo neste mandato o alcalde de Baiona; non é nada fácil conseguilos, se chegan é porque os proxectos presentados polo concello son moi bos”.
Lealdade
Carlos Gómez Prado garantiu “catro anos máis de traballo e lealdade” para continuar “coa transformación que puxemos en marcha”, lembrando “as cifras de ocupación turísticas, a reactivación do sector servizos ou o incremento das partidas para servizos sociais e a Axuda no Fogar”.
A candidatura combina "experiencia e renovación, con presenza de todas as parroquias e do conxunto do tecido social". O número dous da candidatura é Óscar Martínez, e os números 3 e 4 son Andrea Pérez e Diego Álvarez, que tamén interviron no acto de onte adiantando que “a mocidade terá moito que dicir en Baiona os próximos catro anos”.
CANDIDATURA COMPLETA DOS SOCIALISTAS DE BAIONA
- Carlos Gómez Prado
 - Óscar Martínez Álvarez
 - Andrea Pérez Domínguez
 - Diego Álvarez Silva
 - María Rosa Domínguez
 - Paula Barbará Pousa
 - Pablo Castro da Rocha
 - Purificación Esperanza Caetano Dacuña
 - José Miguel Sotelo Ulbeira
 - María Mosquera Gómez
 - Samuel Benítez Pereira
 - Concepción Vara Rodríguez
 - Álex Hidalgo Iglesias
 - Sabela Cedeira Vázquez
 - José Ángel Rodríguez Fernández
 - Virginia Santos Cabrera
 - José Paulino Rodríguez Fernández
 
Suplentes
- Emilia Giráldez Ramírez
 - Rafael Lores Rosal
 - Mª Concepción Vilar Carneiro
 
