• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Catro profesoras dos tres campus da UVigo reforzan a candidatura de Manuel Reigosa á reitoría

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
08/04/2022

Manuel Reigosa optará a un segundo mandato como reitor da Universidade de Vigo cun equipo renovado no que destaca a incorporación de catro profesoras dos tres campus: María Isabel del Pozo Triviño, docente e investigadora do Departamento de Tradución e Lingüística, como vicerreitora de Internacionalización; Susana Reboreda Morillo, docente e investigadora do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, como responsable de Extensión Universitaria; Elena Rivo López, docente e investigadora do Departamento de Organización de Empresas e Márketing, como vicerreitora do campus de Ourense e Eva María Lantarón Caeiro, docente e investigadora do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, como vicerreitora do campus de Pontevedra. Estas catro mulleres son a gran novidade da candidatura de H2040 para as eleccións do vindeiro 4 de maio, candidatura que, xunto ás liñas programáticas, entregou este venres no Rexistro o candidato a reitor, Manuel Reigosa.

O programa de goberno para os vindeiros catro anos está determinado nesta ocasión polas liñas básicas transversais marcadas no Plan Estratéxico da Universidade de Vigo: pulo ao galego, loita pola igualdade e internacionalización, xunto cos retos máis inmediatos do recambio xeracional, a transformación dixital e a aposta pola sostibilidade. Cada un dos puntos do programa será explicado por Reigosa e o seu equipo en visitas a todos os centros da UVigo e en xuntanzas con todos aqueles colectivos que o soliciten. Farano nunha campaña electoral que arrancará no campus de Pontevedra o martes 19 de abril e que se prolongará ata o luns 2 de maio, data na que está previsto realizar o peche de campaña nun acto na Escola de Enxeñería Industrial.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Un novo equipo composto por oito mulleres e cinco homes

Oito mulleres e cinco homes conforman a candidatura coa que H2040 concorre ás eleccións do vindeiro 4 de maio. Respecto do actual equipo de goberno, e caso de ser elixidos, manterían os seus cargos, aínda que con modificacións nas súas competencias nalgúns casos, o secretario xeral, Miguel Ángel Michinel Álvarez, como secretario xeral; José Luis Míguez Tabarés, como vicerreitor de Planificación e Sostibilidade; Belén Rubio Armesto, como vicerreitora de Investigación, ademais de Transferencia e Innovación; Manuel Ramos Cabrer, ata o de agora vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, que pasaría ser o responsable de Profesorado, Docencia e Titulacións; Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Natalia Caparrini Marín, que mantería Estudantado e Empregabilidade, mentres que Extensión Universitaria recaería en Susana Reboreda; José María Martín Moreno, ata o de agora vicerreitor de Economía, que sería o responsable de Relacións coa Empresa e María Isabel Doval Ruiz, que renova as súas competencias con Benestar, Equidade e Diversidade, mentres que a Vicerreitoría de Internacionalización sería competencia de María Isabel del Pozo Triviño.

Das catro novas caras do equipo feito público hoxe, tres delas teñen experiencia en postos de xestión á fronte de centros da UVigo: Eva María Lantarón é a actual decana da Facultade de Fisioterapia; Elena Rivo, exerceu ata abril de 2019 á fronte do decanato da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, ademais de ser a actual comisionada de coordinación interna do equipo de goberno e Susana Reboreda, foi a decana da Facultade de Historia ata o pasado mes de febreiro.

Pola súa banda, Jorge Soto, ata o de agora vicerreitor do campus de Pontevedra, e Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, son os únicos membros do actual equipo de goberno que non foron incluídos na candidatura presentada hoxe por Manuel Reigosa.

Docencia cero tras a maternidade, medida estrela

As liñas xerais do programa electoral para a nova lexislatura estrutúranse nun total de 11 eixes: galego, igualdade, internacionalización, gobernanza, docencia, investigación e transferencia, xestión, estudantado, persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador e infraestruturas e sostibilidade.

No caso da promoción do galego, o programa reflicte a aposta por pór en marcha un novo plan que contribúa a seguir incrementando a porcentaxe de clases que se imparten nesta lingua e tamén, desde a nova Vicerreitoría de Extensión Universitaria, intensificar os esforzos na promoción e universalización da cultura galega. Con respecto á igualdade, a que o documento se refire como “eixe básico do futuro da institución”, a medida estrela será incorporar a docencia cero durante o ano seguinte á reincorporación tras a baixa de maternidade e a docencia ao 50% durante o ano seguinte. En internacionalización, o candidato e o seu equipo buscarán que o alumnado incremente as súas competencias lingüísticas en inglés e tratarase de fortalecer a presenza da institución, tanto a nivel europeo como internacional, facendo especial fincapé nos países lusófonos e castelanfalantes.

En canto á gobernanza, o programa fai fincapé na revitalización do Claustro e os Consellos de Campus, “para que a opinión da comunidade universitaria sexa tida en conta” e “para que máis persoas se involucren nas decisións e no goberno”. Outro dos sinais de identidade do equipo de H2040 que se destaca no documento, é, desde o seu primeiro mandato, a dignificación do labor docente e, neste sentido, avógase por seguir na liña de descenso progresivo da dedicación docente máxima ata chegar no curso 2024/2025 ás 240 horas anuais. En investigación e transferencia apúntase a continuidade das políticas de retención e talento e de atracción de investigadoras e investigadores internacionais, así como o incremento continúo da relación co sector empresarial.

Un dos principais retos dos vindeiros catro anos, segundo se apunta na liñas programáticas, será no ámbito da xestión, a modernización administrativa da institución e o incremento nas contratacións de Persoal de Administración e Servizos e, polo que se refire ao estudantado, aproveitar “ao máximo” as posibilidades que abre o novo decreto de titulacións para flexibilizar de grao e mestrado, incluíndo formación de carácter transversal e potenciando unha oferta de titulacións propias “flexible e atractiva”, permitindo a súa simultaneidade coa formación oficial.

Neste novo programa electoral tamén se marca como reto prioritario a renovación do cadro de Persoal Docente e Investigador, coa previsión de pór en marcha novas medidas dirixidas a conseguir “un recambio xeracional con garantías”. Convertida, sinala o programa, nun referente para a sociedade no ámbito das enerxías renovables, o novo goberno da UVigo tentará no novo mandato seguir nesa senda e, en canto a novas infraestruturas, sinálase que se apostará pola construción urxente dun edificio para a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, no campus de Ourense; un edificio na parcela de Tafisa para albergar a Facultade de Deseño e a de Administración e Dirección Pública no campus de Pontevedra. No caso de Vigo promoveríase a construción dun módulo propio para acoller atlanTTic e seguirase traballando para levar aos terreos da ETEA o Centro de Investigación Mariña, o Campus do Mar e as titulacións que solicitaron establecerse alí: Ciencias do Mar e os dous mestrados relativos ao medio mariño da Facultade de Bioloxía.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X