• Fútbol Emotion
  • Relleno Puerto
  • Pre Fin de Año
  • Mirador precintado
  • Navidad en Tui
  • Animales robots
  • Mercado Navidad Bouzas
  • Fiesta del Cine
  • Cine A Ramallosa
  • Jabalí acuático
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Continúan os traballos no sistema creado pola UVigo para converter os barcos en plataformas intelixentes

Continúan os traballos no sistema creado pola UVigo para converter os barcos en plataformas intelixentes
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/07/2023

Continúan a máis que bo ritmo os traballos entre Navantia e a Universidade de Vigo para converter os barcos en auténticas plataformas intelixentes. Así quedou de manifesto esta semana nunha demostración do denominado SSI, Sistema de Servizos Integrados, que contou coa asistencia do almirante xefe do Estado Maior da Armada, AJEMA, Antonio Piñeiro; o presidente de Navantia, Ricardo Domínguez, e os vicerreitores da UVigo, Belén Rubio, de Investigación, Transferencia e Innovación, e José Luis Míguez, de Planificación e Sostibilidade. “O obxectivo desta xornada foi, xustamente, presentarlle ao almirante xefe do Estado Maior da Armada o SSI deseñado polo grupo do profesor Obellleiro”, explicou a vicerreitora.

A demostración do sistema tivo lugar no polígono loxístico e tecnolóxico de Valladares, onde a UVigo conta cun demostrador que simula a infraestrutura dun buque. O SSI está financiado por Navantia, que tamén ostenta a súa propiedade, e foi deseñado e desenvolvido por un equipo de investigadores e investigadoras do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, baixo o liderado do catedrático Fernando Obelleiro, do grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas.

Másnoticias

Vigo inicia los trámites para poner en marcha el Observatorio de la Vivienda

31/10/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

31/10/2025

Nodos intelixentes distribuídos por todo o buque

A demostración do sistema incluíu unha presentación introdutoria, da que se fixeron cargo o catedrático Fernando Obelleiro, e o director de I+D+i de Navantia, Carlos Blanco. Foi unha presentación moi xeral na que se explicou que os traballos para a posta en marcha do sistema botaron a andar no ano 2015 co obxectivo inicial de reducir o cableado nos buques, un propósito que coa evolución do proxecto derivou no de proporcionar unha infraestrutura dixital, segura e intelixente, que dera soporte e cobertura integral a múltiples servizos e funcionalidades.

Tal e como explicaron, o despregue do SSI lévase a cabo mediante nodos intelixentes distribuídos por todo o buque, reemprazando ás luminarias convencionais, a través dunha infraestrutura que se converte nunha especie de “sistema nervioso” do buque con aproximadamente 10.000 sensores distribuídos en todos os compartimentos e que permite desenvolver múltiples funcionalidades entre as que se inclúen: alumeado, tanto exterior como interior, e sinalización: comunicacións interiores, telefonía, ordes xerais e avisos sonoros; monitorización de persoal, recoñecemento facial e vixilancia biométrica; posicionamento de persoas e equipos, tanto interior como exterior; acceso sen fíos deste terminais móbiles e interfaz vocal con recoñecemento de linguaxe natural. “O sistema achega un nivel de conciencia situacional sin precedentes”, recalcou Blanco, facendo fincapé no “salto significativo” que supón este sistema, tanto nas operacións, como nas prestacións, dispoñibilidade, flexibilidade e incluso na forma de operar os buques, “ademais de habilitar tamén para o despregue de novos servizos”.

Tras a presentación introdutoria tivo lugar unha pequena demostración operativa funcional na que varios investigadores do equipo de Obelleiro exemplificaron o funcionamento do sistema, tanto en relación a iluminación, como localización, acceso sen fíos, entretemento… Tal e como explicaron son múltiples posibilidades que converten este sistema na plataforma ideal para o despregue do Xemelgo Dixital e para transformar os barcos en auténticas plataformas intelixentes ou buques 4.0, con capacidade de monitorización e control da súa tripulación e elementos de seguridade, así como da súa contorna.

Un sistema único que se estreará nas fragatas F-110

O SSI é unha patente de Navantia e a UVigo e na actualidade non existe ningún sistema equivalente no mundo naval, “máxime nunha contorna electromagneticamente tan complexa como é un buque”, destacaron Bruno Seoane, enxeñeiro da UVigo e director técnico do proxecto, e Fernando Obelleiro, ao tempo que se referiron tamén á “resiliencia, facilidade de mantemento, ciberseguridade e privacidade”, como algunhas das principais fortalezas do sistema.
As novas fragatas F-110 que Navantia constrúe para a Armada española serán os primeiros buques nos que está previsto instalar o SSI, que formará parte, xunto co Xemelgo Dixital, da nova arquitectura dos buques dixitais.

Temas: navegaciónUniversidade de VigoUnviersidad de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La ría de Vigo gana un bonito paseo con un mirador sobre el mar
Enfoque

La ría de Vigo gana un bonito paseo con un mirador sobre el mar

...

PorUxía Pérez
03/11/2025
Inseguridad, venta de drogas y amenazas, la "pesadilla" que viven los vecinos de un barrio de Vigo
Enfoque

Inseguridad, venta de drogas y amenazas, la "pesadilla" que viven los vecinos de un barrio de Vigo

...

PorCarlos I. Castrillón
03/11/2025
La Navidad de Vigo se extenderá a Bouzas con un mercado temático y elementos especiales
Enfoque

Bouzas desvela los detalles de su mercado de Navidad para enamorar a Vigo

...

PorAlfredo Teja
02/11/2025
Rueda respalda a Nava Castro en el Congreso del PP de Ponteareas como "referente" en Galicia
Enfoque

Rueda respalda a Nava Castro en el Congreso del PP de Ponteareas como "referente" en Galicia

...

PorMiguel Alonso
02/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X