O Bloque Nacionalista Galego denunciou a exclusión da música galega e en galego na programación de concertos da segunda edición do festival Terraceo, organizado polo Concello de Vigo, e que substitúe os grandes concertos de verán. Só dúas dun total de corenta actuacións son de grupos en lingua galega, concretamente con data as de Os Resentidos e Baiuca, mentres que todavía non se coñece cando serán os recitais de Tanxugueiras, Batea ou de artistas galegas como é o caso da porriñesa Xoana.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, instou o Goberno local a rectificar unha programación que cualificou de “raquítica, empobrecedora e galegófoba”. “O que merece a cidade é unha programación de concertos variada, que non deixe fóra a música en galego, e que non sexa deseñada segundo os gustos do alcalde, dun concelleiro ou dos seus produtores de confianza”, reclamou.
Desde a fronte nacionalista salientan que a escena musical viguesa e galega ten “referencias de primeirísimo nivel e de grande potencia” con grupos e artistas que empregan a nosa lingua propia.
Igrexas subliña que o executivo de Abel Caballero está a tempo de corrixir ese deseño, toda vez o programa de concertos apenas vén de encetar o pasado 1 de maio. O portavoz municipal nacionalista reclama que “non se pode seguir deixando fóra a música galega e en galego na principal cidade de Galiza”.
El BNG insiste en la necesidad de suspender cautelarmente y revisar la licencia para la gasolinera en Pontillón
Las personas que deseen participar podrán hacerlo hasta el 31 de octubre. Consulta los premios de este certamen
La Panorama crea una segunda orquesta, que ya está arrasando en contrataciones. Se dará la paradoja de que ambos espectáculos coincidirán en varias fiestas de Galicia
Rueda afirma que Sánchez se comprometió a activar la comisión para el traspaso de medios de gestión del litoral
Un análisis de la UVigo muestra el impacto que tiene vivir en el rural y cuánto debe recorrer para acceder a un servicio público
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL