O Bloque Nacionalista Galego cuestiona a humanización de Samil por insistir en “cementar” a praia viguesa. A fronte nacionalista advirte de que as présas de Abel Caballero para o inicio das obras na avenida, que veñen de ser aprobadas pola Xunta de Goberno local, "poden comprometer a recuperación do areal" cando aínda están por resolver as alegacións formuladas polo Bloque e colectivos veciñais e ecoloxistas ao proxecto de reforma do paseo, a cargo do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO).
“Carece de sentido avanzar nesta fase do proxecto, que é competencia do Concello, sen estar definida polo momento a obra de maior alcance para a reforma do paseo, que depende do Goberno español”, valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen alertou de que as alegacións poderían modificar parcial ou totalmente o proxecto do MITECO e, polo tanto, afectar as obras proxectadas a nivel municipal.
Nese sentido, Igrexas anunciou a presentación dunha batería de iniciativas no Congreso, a través do deputado nacionalista Néstor Rego, para esixir unha rectificación e reformular este proxecto para lograr a recuperación integral do areal de Samil, diante da falla de resposta do Executivo central. "A proposta do Goberno español teima nun modelo fracasado que vai limitar o alcance da recuperación dunar”, denunciou o voceiro municipal do BNG. “Se insisten en cementar de novo a praia de Samil estaremos diante dunha grande oportunidade perdida para recuperar este ecosistema tan valioso”, engadiu.
Alternativas ao cemento
Dende a fronte nacionalista reiteraron que existen alternativas moito máis sustentábeis en termos ambientais, como as despregadas con éxito na recuperación da praia do Vao, que pasan por substituír o paseo por un sistema de pasarelas de madeira pivotadas. “A solución non pasa por recuar apenas 25 metros o actual paseo para construír un novo molote de cemento sobre a area como propón o Goberno central.”, dixo.
O portavoz municipal do BNG asegurou que aínda que Samil sexa unha praia urbana “o reto que temos como cidade é que deixe de ser unha praia urbanizada”. Así, rexeitou a pretensión de converter o paseo “nunha especie de rúa do Príncipe sen comercios e a pleno sol”.
Ikea ha anunciado un nuevo espacio en Vigo con muchas novedades en la ciudad. Decoración, su nueva colección y la línea Ikea Food
Tres responsables del astillero Cardama de Vigo se enfrentan a prisión. El juicio se refiere al accidente laboral mortal ocurrido en 2022
Este proyecto de Tomiño supondrá la puesta en valor de joyas patrimoniales como la iglesia románica, el Tetón o la Torre de Tebra
En un barrio de Vigo donde las luces navideñas no llegan, unos vecinos han decidido organizar su propio encendido
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
quien cuestiona?.........los de siempre , los anti todo