O BNG anunciou este mesmo sábado que se dirixirán de inmediato ao concelleiro de Cultura, Abel Losada, para demandar que actúe contra a empresa Seguridade A1, que é a que presta o servizo de seguridade para a Rede Museística municipal polos seus reiterados incumprimentos.
O portavoz municipal da fronte nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denuncia que a empresa aínda non aboou a paga extra de Nadal aos seus traballadores. Ademais, o edil sinala que son reiterados incumprimentos das súas obrigas, entre os que citou que non teña renovado a uniformidade e roupa de traballo do persoal e que tampouco realizara a formación anual obrigatoria.
O BNG de Vigo apunta que debido á situación económica da empresa, a firma podería sufrir novos embargos nas súas contas, poñendo en risco mesmo a capacidade para pagar os salarios ordinarios a pesar de que recibe puntualmente as transferencias do Concello de Vigo.
“O Goberno municipal e, singularmente, Abel Losada non poden seguir ollando para outro lado. Son traballadores que prestan un servizo para o Concello de Vigo financiado con recurso do Concello de Vigo”, expresou o concelleiro nacionalista reclamando que se adopten decisións con urxencia perante unha situación que é coñecida pola executiva local hai varias semanas.
Para a fronte nacionalista, o Concello ten que garantir que empresas que reciben diñeiro público, como é o caso, cumpren escrupulosamente coas súas obrigas, tanto co servizo como especialmente as condicións laborais e salariais dos seus traballadores. “Non podemos permitir que unha empresa que recibe diñeiro do Concello non pague ao seu persoal”, enfatizou Igrexas, para o que demanda que se utilicen todos os mecanismos legais previstos para resolver esta situación.
La Fiscalía atribuye a Ángel un delito de asesinato con la agravante de parentesco y de género y dos delitos de lesiones psíquicas graves
Los hechos ocurrieron en 2023 mientras el varón estaba consumiendo bebidas alcohólicas durante el vuelo con una conducta "hostil y agresiva"
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
CC.OO. y UGT valoran el esfuerzo del Ejecutivo y estudiarán la propuesta, mientras que CSIF la sigue viendo insuficiente y pide una nueva
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL