A crise sanitaria do coronavirus quita caretas. Os valores da xente e das empresas póñense a proba. Víase o pasado luns en Santiago de Compostela, cando un empresario galego quería facer negocio roubando preto de dous millóns de mascarillas ou coas críticas da sociedade co aumento do prezo de produtos como o papel hixiénico. Porén, o BNG de Vigo anunciou o pasado luns que trasladará a proposta ao Comité Municipal de Seguimento da COVID19 de que o Concello active a Oficina Municipal de Atención e Información ao Consumidor (OMIC) durante esta situación de emerxencia sanitaria. No concreto, a fronte nacionalista demanda que esta ferramenta monitorice a evolución dos prezos de produtos básicos e que habilite medios para asesorar telematicamente á veciñanza en cuestións como o dereito ao reembolso de servizos cancelados polo confinamento.
“Estamos recibindo indicios de incrementos de prezos en produtos esenciais, como alimentos e produtos de hixiene, o que pode poñer nunha situación moi complexa ás familias de menores recursos e empobrecidas”, explicou o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier Pérez Igrexas. Fronte a ese risco, Igrexas avogou porque a OMIC realice unha “monitorización” da evolución dos prezos para evitar situacións de abuso e dispor de información que poder facilitar á Xunta de Galicia e ao Goberno por se fose preciso tomar medidas para asegurar o acceso de toda a poboación a este tipo de bens “indispensábeis”.
Ademais, Pérez Igrexas sostén que diante da desinformación e da confusión sobre os dereitos en materia de consumo no contexto deste confinamento, a OMIC debe tamén ofrecer “asesoramento e asistencia” a todas as viguesas e vigueses en cuestións como o dereito ao reembolso dos custos daqueles servizos e produtos cancelados pola crise sanitaria. “Falamos de cuestións como as cotas de ximnasio, entradas a espectáculos ou cursos formativos en modalidade presencial”, exemplificou o voceiro do BNG no Concello.
Tomiño busca emprendedores para cuatro de los puestos de su Mercado Municipal. Así son los espacios que ofrecen
Unos ladrones aprovecharon la noche de Halloween en Vigo para entrar en viviendas. La Policía Nacional investiga varios robos
La Policía Nacional detuvo a la autora de la agresión mortal, que tuvo lugar poco antes de las 19:00 horas de este jueves
El área de Vigo puede ganar un nuevo 'hotel boutique' con 9 suites y zona de restauración. Así quieren revivir este histórico edificio
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL