Este 19 de setembro, cinco transatlánticos atracaron no porto de Vigo con 15.000 turistas a bordo. Ecoloxistas en Acción indica que supón un récord histórico nunca visto na nosa cidade, pero tamén "o despregamento a gran escala dun turismo insostible e fortemente agresivo co medio ambiente". Dende o colectivo ecoloxista sinalan que as previsións apuntan a que, este ano, no porto de Vigo se superarán as 100 escalas e os 250.000 pasaxeiros, desbordando os datos dos últimos anos que mediaban 160.000 pasaxeiros e unhas 75 escalas anuais.
Ecoloxistas en Acción Rías Baixas considera preocupante este incremento da actividade de cruceiros por ser incompatible coa protección da saúde e o medio ambiente ao tratarse dun turismo de altas emisións contaminantes (SOx, NOx e Partículas ultrafinas). Denuncian también que este tipo de turismo é unha actividade extractivista polo uso intensivo de recursos naturais como a auga e unha explotación industrial que causa enormes impactos sobre as poboacións destinatarias, así como aos ecosistemas litorais e mariños como os frecuentes alcances a cetáceos.
A organización lembra que o peirao de trasantlánticos atópase situado nunha área que está previsto sexa incluída nunha Zona de Baixas Emisións en cumprimento da Lei de Cambio Climático, polo que esta actividade altamente emisora é incompatible con esta declaración.
Ecoloxistas en Acción esixe a declaración do Atlántico Norte como zona ECA de baixas emisións, é dicir, como zona de control de emisións tanto de óxidos de xofre como óxidos de nitróxeno e partículas, tal como se fixo co SOx recentemente co mar Mediterráneo. “Denunciamos tamén a operación de maquillaxe verde dos cruceiros e os portos con falsas solución tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde, que ademais de ser inviables, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos”, sinala Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.
Expresan, ademais, o seu rexeitamento aos plans de ampliacións de peiraos mediante recheos no mar como os anunciados pola Autoridade Portuaria de Vigo. Así mesmo instan ás administracións autonómicas e locais a situarse ao lado da cidadanía e o interese común, en virtude das súas competencias sobre medio ambiente, saúde e turismo,empregando todos os medios dispoñibles para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas nosas cidades.
Non teñen dúbida que o turismo de cruceiros é unha actividade que pon en risco a calidade de vida e a saúde do planeta, que xera enormes desigualdades nun contexto de fonda crise ecosocial e enerxética, que só favorece os catro oligopolios que controlan o mercado global e que acumulan beneficios astronómicos cada ano a costa da evasión fiscal, a saúde, o planeta e a explotación laboral. Asemade, fan un chamamento especial á cidadanía para que tomen conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e en xeral do turismo de masas baseado na hipermobilidade
Un restaurante de Vigo presenta su receta para el concurso de la Mejor Pizza de España. Esta es su combinación de sabores
Vigo tiene tan solo 10 días para ultimar todo el montaje de la Navidad. Así se encuentran sus principales atracciones ahora mismo, ¿llegará a tiempo?
Decenas de personas se concentrarán en Redondela para denuncian lo que consideran una "estafa" de Viaxes Loa. Así se encuentra el caso
Vigo tendrá uno de los primeros locales en Galicia de esta famosa hamburguesería. Solo cocine 200 smash burgers al día y es viral
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL