Denuncian listas de espera de máis de 15 días no centro de saúde de Salceda

Visita do equipo de goberno ao novo centro de saúde nunha imaxe de arquivo

Grave e moi preocupante a situación que estamos a vivir no centro de saúde de Salceda”. Así de contundente se amosa a alcaldesa do municipio, Loli Castiñeira, polo insólito retraso na atención médica primaria. A veciñanza do municipio está a sufrir listas de espera de máis de 15 días para atención telefónica, “o que perde todo sentido cando estamos a falar de atención primaria”, lamenta Castiñeira.

Segundo denuncian, nas últimas semana estanse ademais a producir dificultades para lograr unha cita, xa que ninguén atende o teléfono. “Lévanse producido situación de ter realizado máis de 15 chamadas ao centro de saúde sen que ninguén responda”, explican. A desatención non se soluciona se un se achega ao edificio, xa que os traballadores aseguran que as citas “só se poden dar a través de chamada telefónica”. A situación é tan inverosímil que cando un paciente sae dunha consulta presencia le se achega ao mostrador para pedir cita, se lle nega obrigando a chamar por teléfono, “chamada que logo non se responde”.

Nunha carta enviada á Consellería de Sanidade e ao Sergas, a rexedora local pide que se finalice con esta situación que está a provocar que moitos os veciños e veciñas acodan ao servizo de urxencias do PAC do Porriño ou que se presentan directamente no Hospital Álvaro Cunqueiro, co consecuente colapso dos servizos de urxencias en cuestións que a priori dependen da atención primaria.

“Nun momento de pandemia como o que estamos a vivir neste momento resulte practicamente imposible acceder á atención primaria, que debería estar máis cerca que nunca da veciñanza”, denuncia a alcaldesa, Loli Castiñeira, na súa carta ao conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña.

Salir de la versión móvil