“Grave e moi preocupante a situación que estamos a vivir no centro de saúde de Salceda”. Así de contundente se amosa a alcaldesa do municipio, Loli Castiñeira, polo insólito retraso na atención médica primaria. A veciñanza do municipio está a sufrir listas de espera de máis de 15 días para atención telefónica, “o que perde todo sentido cando estamos a falar de atención primaria”, lamenta Castiñeira.
Segundo denuncian, nas últimas semana estanse ademais a producir dificultades para lograr unha cita, xa que ninguén atende o teléfono. “Lévanse producido situación de ter realizado máis de 15 chamadas ao centro de saúde sen que ninguén responda”, explican. A desatención non se soluciona se un se achega ao edificio, xa que os traballadores aseguran que as citas “só se poden dar a través de chamada telefónica”. A situación é tan inverosímil que cando un paciente sae dunha consulta presencia le se achega ao mostrador para pedir cita, se lle nega obrigando a chamar por teléfono, “chamada que logo non se responde”.
Nunha carta enviada á Consellería de Sanidade e ao Sergas, a rexedora local pide que se finalice con esta situación que está a provocar que moitos os veciños e veciñas acodan ao servizo de urxencias do PAC do Porriño ou que se presentan directamente no Hospital Álvaro Cunqueiro, co consecuente colapso dos servizos de urxencias en cuestións que a priori dependen da atención primaria.
“Nun momento de pandemia como o que estamos a vivir neste momento resulte practicamente imposible acceder á atención primaria, que debería estar máis cerca que nunca da veciñanza”, denuncia a alcaldesa, Loli Castiñeira, na súa carta ao conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL