O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a Xunta de Galiza pretende facilitar a Cidade Deportiva do Celta en Mos sen realizar os controis ambientais necesarios. A fronte nacionalista vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego para esixir ao Goberno de Rueda unha avaliación completa dos impactos fronte á vía exprés aberta coa aprobación do proxecto como de Interese Autonómico.
“O Goberno galego decide que non é necesaria unha avaliación ambiental ordinaria porque entenden que non vai ter afectación ningunha, cando son evidentes os graves impactos deste macroproxecto”, criticou a deputada nacionalista, Alexandra Fernández, que xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e outros representantes institucionais do Bloque a nivel galego e local mantiveron unha xuntanza coa comunidade de montes de Tameiga e coa plataforma 'A Auga é Vida' afectadas polo proxecto.
Fernández reclamou “garantías” de que a Cidade Deportiva vai someterse aos mesmos controis ambientais que calquera outro proxecto destas dimensións. Cuestionou así a estratexia “cómplice e kamikaze” do PP de permitir que determinados empresarios se salten trámites. “A Xunta emprega a declaración de Interese Autonómico como unha vía legal para favorecer os intereses privados do señor Mouriño por diante do interese público e da oposición veciñal e sortear o marco normativo en favor de intereses amigos”, afeou.
Nese sentido, a deputada do BNG advertiu de que este “subterfuxio legal” abre a porta tamén para facilitar a expropiación de monte comunal, malia que o desenvolvemento inicial do proxecto xa foi declarado ilegal polo Xulgado de Pontevedra e logo ratificado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. “Esta decisión vai dar grandes facilidades legais coas que sortear a forte oposición veciñal que xera este proxecto e o seu difícil encaixe legal”, engadiu.
Entre as afectacións denunciadas polas propias comunidades, Fernández alertou do risco de contaminación e perda de capacidade das traídas de augas de Mos e do impacto sobre o propio abastecemento de Vigo, que vai incrementar a demanda de Eiras. Así, denunciou que nin tan sequera se presentaron os informes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nin do Consorcio de Augas do Louro pese a ser as principais entidades afectadas.
Con esta vía de urxencia, Fernández advertiu de que tampouco se están a ter en conta os impactos a nivel paisaxístico, sobre a masa forestal nin sobre os xacementos arqueolóxicos atopados malia o seu “alto valor” e singularidade. “É necesario parar esta tramitación exprés ao servizo de Mouriño e facer unha tramitación ordinaria, na que se avalíen os impactos do proxecto ao servizo do público”, remachou a deputada do BNG.
El director de Esmerarte Industrias Creativas se mostró agradecido tras recibir uno de los Premios da Cultura Galega en Ferrol
Ya se han desvelado los precios del parque acuático de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, para el verano de este 2025. ¡Descúbrelos aquí!
Los videojuegos más clásicos tienen una "vida extra" actualmente, también en Vigo. Estos son los artículos mejor pagados en una tienda gamer de Vigo
Vigo, que se escapa de la alerta amarilla por calor, podría alcanzar los 32 grados en el inicio de la próxima semana
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL